Bandanza, concerto da Banda Municipal de Santiago para 3º e 4º

    Seguindo a liña de que ao longo da Educación primaria, os nenos e nenas asistan a concertos didácticos de distintos estilos e agrupacións, nesta ocasión o venres 15 de abril,  os alumnos de 3º e 4º terán a oportunidade de disfrutar da música interpretada pola Banda Municipal de Santiago nun concerto titulado "BANDANZA", acompañados nesta ocasión por unha parella de bailaríns profesionais.

    Este concerto seguro servirá de motivación para coñecer e apreciar, non só esta agrupación tan importante na música galega, senón tamén para descubrir e achegarse ao mundo dos bailes de salón.

   Esperamos que sirva tamén de impulso para que, neste terceiro trimestre, os nenos e nenas realicen na clase de música algunha danza colectiva, popular ou tradicional. É, quen sabe, quizais algún día, algún neno ou nena  vos sorprenda...

    Podedes ver máis información na páxina de Compostela Cultural- Didáctico, premendo neste enlace.