benvidos ao colexio!

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015-2016

Prema no curso de primaria correspondente para acceder á información

1º CURSO

2º CURSO

3º CURSO

4º CURSO

5º e 6º CURSOS (Inglés)

XOSÉ VIZOSO, no noso colexio

O día 16 de xuño, o pintor, escultor, ilustrador, deseñador de Sargadelos... o Artista mindoniense, Xosé Vizoso, estivo con nós para falar co alumnado de sexto sobre o seu traballo:

"De habela, a inspiración, tente que pillar traballando"

"Creo que o que máis me gusta é converter unha obra nun puzzle, deconstruíla e facer que a xente teña que mirala con atención para entendela e descobrir cousas novas cada vez que a ve"

 

Nas fotos, podemos ver a Vizoso na charla co alumnado de sexto.

Queremos, desde aquí, agradecerlle a Vizoso a súa presenza no noso cole, o seu agarimo e que nos dedicara o seu tempo. Tamén a paciencia que tivo para asinarlle a cada alumno a interpretación que cada un fixo dun deseño de Sargadelos.

Moitas grazas, Vizoso, que sigan os éxitos.

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO

O alumnado de sexto curso de primaria estivo de excursión do día un ao catro de xuño. Con destino Manzaneda, no camiño de ida, fixeron parada no Mosteiro de Oseira e nas Pozas de Outariz. A estancia en Manzaneda foi do máis variada, cun montón de actividades e bo ambiente. Ao regreso fixeron unha parada en Castro Caldelas para visitar o castelo

 

Velada en Manzaneda e visita ao Castelo de Castro Caldelas

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS ELEXIDOS AO CONSELLO ESCOLAR

Para acceder á información, prema neste enlace

Distribuir contido