ENTROIDO 2013
Enviado por A Maía o Lun, 11/02/2013 - 8:52pmRECITANDO A CELSO EMILIO o 12/12/12 ás 12
O pasado día 12 do mes 12 do ano 12 ás 12 horas, o noso colexio sumouse á iniciativa proposta pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e todo o colexio a excepción dos máis pequenos, RECITAMOS A CELSO EMILIO FERREIRO para conmemorar o centenario do seu nacemento.
Todo o alumnado e profesorado se volcou na preparación desta actividade na que lemos todos xuntos o poema "DEITADO FRENTE AO MAR".
Destacar que esta actividade logrou reunir en toda Galicia a máis de 200 centros educativos e arredor de 30.000 alumnos.
Destacar que esta actividade logrou reunir en toda Galicia a máis de 200 centros educativos e arredor de 30.000 alumnos.
Estamos moi contentos de como saíu todo e de ter honrado ó poeta de Celanova, un dos máis grandes que deu a nosa Terra.
AUGA NO NOSO COLEXIO
Enviado por A Maía o Lun, 17/12/2012 - 5:56am Non é o título de ningunha Unidade Didáctica. AUGA, así con maiúscula, foi o que tivemos o pasado venres día 14. A entrada do colexio estaba inundada e era practicamente imposible entrar ao edificio de primaria sen mollarse.
Desde a Dirección do Centro comunicouse de forma reiterada esta situación ( e outras como o estado do cerre metálico da pista cuberta... ) ás autoridades locales para que resolvan dunha vez este problema pero sen obter resposta satisfactoria.
Desde a Dirección do Centro comunicouse de forma reiterada esta situación ( e outras como o estado do cerre metálico da pista cuberta... ) ás autoridades locales para que resolvan dunha vez este problema pero sen obter resposta satisfactoria.
Esta situación repítese cada vez que chove de forma intensa. As imaxes "falan" por si soas.
O SAMAIN
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarra s e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
A BIBLIOTECA LEVA O NOME DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Xa fai tempo que no noso centro comezamos a poñer nome as aulas de persoeiros ilustres que logo nos visitan. Un deles é o escritor Agustín Fernández Paz, nome que honra a nosa biblioteca.
El non se esquece de nós; fai poucos días fíxonos chegar un lote de libros que ademais tiñan dedicatoria. Grazas Agustin, moitas grazas do CEIP A Maía.
(+ INFORMACIÓN EN: http/www.biblioceipamaia.blogspot.com)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67