CARTA DE 4ºA Á COMUNIDADE EDUCATIVA

Estimadas familias, profesorado e alumnado do CEIP A Maía:

O alumnado e profesorado de 4ºA imos facer a partir de hoxe e durante as próximas semanas un proxecto de educación viaria sobre os accesos ao Centro, as entradas e as saídas.

Imos observar e recoller datos sobre como están os accesos e arredores do Centro, as beirarrúas, os aparcadoiros, etc.; tamén como se utilizan eses espazos, como circulamos por eles, como se fan as entradas e saídas ao Centro.

Logo imos reflexionar sobre o observado, que aspectos positivos atopamos e que debería mellorar; ao final comunicarémosvos as nosas conclusións.

Para poder realizar este proxecto, pedímosvos a vosa comprensión e colaboración nas actividades que realicemos.

Moitas grazas

 

Alumnos e alumnas de 4ºA

María Ramos Sánchez

Rosa García Garrido

Isabel Abelleira Bardanca