Producións

Aprendemos sobre as lendas

O alumnado de 4º de educación primaria estivo a traballar sobre as lendas, e que mellor forma de traballar as emocións e a cultura galega que escribir as súas propias lendas?

 

Ides alucinar cos tremendos escritores e escritoras que temos neste cole... Todas elas acompañadas duns debuxos alucinantes!!

 

Esperamos que vos guste! 

 

 

O MITO DE DÉDALO E ÍCARO EN CÓMIC

O alumnado de 5º de educación primaria fixo a súa propia versión en cómic do mito de Dédalo e Ícaro. Unhas ilustracións alucinantes!

 

 


DÍA DE ROSALÍA

Xa nos estamos a preparar para celebrar o Día de Rosalía. Mais, para ir quentando motores, o equipo TIC do cole elaborou estas actividades ás que podedes acceder pinchando na imaxe ou AQUÍ e AQUÍ.

 

Son actividades para tod@s, de carácter inclusivo, variadas e dinámicas e, sobre todo, serven para que nos acheguemos á vida dunha figura tan importante na nosa literatura como é Rosalía de Castro.

Os equipos de 1º e 2º de primaria prepararon uns murais arredor da súa figura, ilustrando os versos dos seus poemas.

 

"Cantaban os prados,

manaban as fontes

antre herbas e viñas, figueiras e robres."

 

"Na beira do mar,

ao pé das ondiñas.

Na beira do río,

que corre entre as herbas

do campo florido."

 

AS EMOCIÓNS DO MES DE FEBREIRO: ASCO E ASOMBRO


 
Este mes traballaremos arredor das emocións como o asco e o asombro. Aquí van unhas cantas ideas para profundizar sobre elas: averiguar a súa etimoloxía, realizar algunhas actividades de produción escrita...

PONTE NAS ONDAS

O CEIP Plurilingüe A Cristina celebra con outros centros o Día Mundial da Radio 2024 que este ano cadra a martes de Entroido.

A nosa aportación consistiu nunha homenaxe a Carlos "O Xestal", figura clave no noso patrimonio e coñecido por ser un humorista, músico e activista galego. Fíxose popular narrando contos e historias, as cales tiñan tintes reivindicativos contra o caciquismo. Traballou tamén por dignificar e visibilizar a música e a lingua galega. Se pinchades enriba da imaxe, accederedes directamente ao audio.

Neste podcast, faise un breve repaso biográfico para pasar despois a unha interpretación dun dos seus contos. Ollade que ben o fai a nosa montaxista, Maica, e os nosos/as locutores/as!

Este é o enlace á páxina de Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ):

https://escolasnasondas.com/

Este é o enlace ao noso podcast en Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ):

https://escolasnasondas.com/ceip-plurilingue-a-cristina-carballo-para-o-dia-mundial-da-radio-2024/

ENTROIDO GALEGO


 
É tempo de ENTROIDO, de festa, de máscaras, de filloas, de cocido... É tempo de coñecer un pouquiño máis sobre esta longa tradición que en Galicia non deixou nunca de celebrarse. 
Sempre convén ir disfrazado... do que sexa! Aquí o que se valora é o espíritu participativo e as ganas de pasalo ben. Dependendo de onde nos atopemos, sen disfraz corremos o perigo de sufrir uns golpes de fusta; de que nos boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que convidar a unha ronda. É a lei!
Como o Entroido vívese de forma diferente nos distintos lugares de Galicia, a nosa compañeira Irene, titora de 2º de  primaria, elaborou unha presentación do máis interesante sobre as pantallas, os cigarróns, os peliqueiros...
Que traballazo!
Por enriba, é unha gran artista! Mirade as plantillas que fixo para que poidamos decoralas a nosa maneira. Son xeniais!
 


Podedes descargar as presentacións en formato pdf.

ENTREVISTAS EN RADIOCRISTINUNA

Que mellor maneira de comezar este 2024 que retomando a rolda de entrevistas radiofónicas ás integrantes do equipo directivo do centro. A través das sempre incisivas preguntas dos entrevistadores coñeceremos algo máis sobre o traballo destas mulleriñas.

Sabedes cal é a tarefa que máis satisfacción lle produce a Marta, a xefa de estudos? Dende logo, non ten nada que ver con cubrir horarios!

E... a todo esto, quen se encarga da xestión económica do colexio? Que coordinou Carolina antes de asumir a secretaría?

A resposta a todas estas e outras preguntas acharédela aquí. Pinchade en ENTREVISTA A MARTA, XEFA DE ESTUDOS ou ENTREVISTA A CAROLINA, SECRETARIA.

PRESENTACIÓNS SOBRE OS ANIMAIS

Os nenos e nenas de 5º de primaria elaboraron unhas presentacións sobre as aves empregando Impress. Ademais de traballar contidos relacionados coa competencia dixital tamén foron capaces de consultar distintas fontes e resumir os diferentes apartados para informarnos sobre a alimentación do tucán, o hábitat da pega, o peteiro do cisne e as costumes da galiña.

Fixeron un traballo excepcional. Botádelle un vistazo nos arquivos adxuntos!

 

Distribuir contido