Audiocontos
Se de todo o que pasa no cole vos queredes enterar, o programa de radio da rapazada de primeiro tedes que escoitar! Así comeza o "Telexornal Miúdo, Miúdo", un informativo que inclúe todo tipo de seccións: lectura, natureza, actualidade, deportes... elaborado polos máis reputados xornalistas da contorna. Se pinchades AQUÍ accederedes á retransmisión. Noraboa por este traballo a estes alumnos e alumnas tan profesionais e a súa mestra, Carolina, por un podcast tan orixinal e unha montaxe extraordinaria!
|
|||
Velaquí vos deixamos uns recursos para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo. Pinchando na imaxe, accederedes a eles. Son moi diversos! Botádelle unha ollada! Tamén os nosos locutores Lucía, Xoel, Raúl, Irina, Desi e Lucas de 6º de primaria recitaron unha poesía do libro "Rosaura e o mar" de Isabel Blanco, unha homenaxe en clave literaria ás mulleres traballadoras do mar. Pinchade na imaxe para escoitar o audio!! Ten moito sentimento!!
|
|||
O CEIP Plurilingüe A Cristina celebra con outros centros o Día Mundial da Radio 2024 que este ano cadra a martes de Entroido. A nosa aportación consistiu nunha homenaxe a Carlos "O Xestal", figura clave no noso patrimonio e coñecido por ser un humorista, músico e activista galego. Fíxose popular narrando contos e historias, as cales tiñan tintes reivindicativos contra o caciquismo. Traballou tamén por dignificar e visibilizar a música e a lingua galega. Se pinchades enriba da imaxe, accederedes directamente ao audio. Neste podcast, faise un breve repaso biográfico para pasar despois a unha interpretación dun dos seus contos. Ollade que ben o fai a nosa montaxista, Maica, e os nosos/as locutores/as! Este é o enlace á páxina de Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ): https://escolasnasondas.com/ Este é o enlace ao noso podcast en Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ): https://escolasnasondas.com/ceip-plurilingue-a-cristina-carballo-para-o-dia-mundial-da-radio-2024/
|
|||
Que mellor maneira de comezar este 2024 que retomando a rolda de entrevistas radiofónicas ás integrantes do equipo directivo do centro. A través das sempre incisivas preguntas dos entrevistadores coñeceremos algo máis sobre o traballo destas mulleriñas. Sabedes cal é a tarefa que máis satisfacción lle produce a Marta, a xefa de estudos? Dende logo, non ten nada que ver con cubrir horarios! E... a todo esto, quen se encarga da xestión económica do colexio? Que coordinou Carolina antes de asumir a secretaría? A resposta a todas estas e outras preguntas acharédela aquí. Pinchade en ENTREVISTA A MARTA, XEFA DE ESTUDOS ou ENTREVISTA A CAROLINA, SECRETARIA. |
|||
GAÑADOR@S!!!! O XXII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís xa ten aos seus gañadores. O noso centro foi o CAMPIÓN da 1º categoría coa obra "Cataventos e Cía" do grupo "Os Cristinatreiros" formado por Roque, Carmen, Paula, Victoria, Ana, Iria, Luna e Lucía de 5º de primaria. Noraboa aos nos@s compañeir@s!! Amosaron unha gran capacidade de improvisación, ademais dunha coordinación, un ritmo e unha entoación perfectas. Sodes incribles! Boísimo traballo e moitas grazas a Maica, coordinadora da biblioteca e da radio, por asesorarnos sempre sacando o mellor de nós e a tódolos docentes por deixarnos ensaiar. Pinchade AQUÍ para acceder ao enlace na prensa.
|
|||
Pero que historias tan terroríficas nos contaron as nosas compañeiras Aroa, Adelaida, Ainara e Natalia de 6º curso!!! Non puidemos preparar a nosa festa de Samaín de mellor xeito. Tranquil@s, son aptas para tódolos públicos. Descargade o arquivo adxunto ou pinchade na imaxe para escoitalas. Grazas á profe Maica polos efectos especiais. Son fantásticos!! Noraboa! |
|||
Que mellor maneira de comezar a tempada de Radio Cristinuna que cunha entrevista! As locutoras de radio Ana Carracedo, Julia e Alba organizaron unha agradable tertulia con Patricia, a directora do cole, para coñecer un pouquiño máis en que consistía o seu traballo. Tamén houbo tempo para preguntas máis persoais dentro dun ambiente moi distendido. Animádevos a pinchar na imaxe para escoitala ou descargade no arquivo adxunto. Esta á e primeira dunha rolda de entrevistas do máis interesantes!
|
|||
Este curso continuamos coa andaina en Radio na Biblio. Comezamos a formación a cargo de Santiago Fernández, ex-director do CEIP Labaca, mestre e actor de teatro. Ademais, ten un estudo de doblaxe. Escoitade que contiño tan bonito fixemos con el! É unha versión en audioconto de "A mellor sopa do mundo" de Almudena Xaneiro. Pinchade AQUÍ ou na imaxe para escoitalo! 3:01 minutes (2.76 MB) |
|||