RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Recomendacións de lectura

 

Desde o equipo de biblioteca do CEIP Plurilingüe A Cristina recomendámosvos unha serie de lecturas para desfrutar nestas vacacións.
Esperamos que o pasedes xenial!
 
 

 

15 de Abril, Día da Atención Temperá

Aprezadas familias,

Dende AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá) e GAT (Federación Española de Asociaciones de Profesionales de Atención Temprana) temos a posibilidade de participar o vindeiro 15 de Abril  o DIA DA ATENCIÓN TEMPERÁ por vez primeira.

En Galicia, invítanos a participar a familias, profesionais e demais a un acto lúdico de sensibilización na Praza do Toural de Santiago de Compostela ás 18:00.

O evento que terá unha hora de duración, incluirá a lectura dun manifesto elaborado polo GAT en común para todo o territorio español, seguido das consideracións correspondentes a Galicia.

Programa de Actos:

-      18:00 Presentación e inicio dunha instalación artística en grupo.

-      18:05 Obradoiro familiar de xogos bailados por Bea Díaz.

-      18:25 Lecutra do manifesto por Guadi Galego

-      18:40 Actuación musical por Manoele de Felisa.

-      20:00 Final da instalación artística e despedida

 

 

¡Moitas grazas!

 

 atención temperá.jpg

 

 

V edición do Concurso de recitado "Rosalía sempre viva"

     O pasado sábado, 6 de abril, as alumnas Antía Cancela (4º-A E.P.) e Iria Bustelo (6º E.P.) representaron ao colexio na V edición do Concurso de recitado "Rosalía sempre viva", celebrada no municipio de Outeiro de Rei (Lugo) e organziada pola Casa Museo Manuel María.

     En primeiro lugar dar os parabéns ás alumnas polo seu grande traballo e esforzo e, en segundo lugar, dar as grazas ás familias que, a pesar do mal tempo que nos acompañou, estiveron aí ao pé do canón.

 

 

Animádevos a participar no Concurso de bolsas de merenda reutilizables

 
Queridas familias,
 
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia ten como un dos seus obxectivos fomentar a redución do consumo de bolsas de plástico dun só uso, ofrecendo a información e os instrumentos necesarios para o uso de alternativas ecolóxicas.
 
Con esta fin convoca un concurso dirixido a estudantes de educación primaria de Galicia, para elaborar o deseño da imaxe de bolsas de merenda reutilizables.  
 
O prazo para participar comeza o 1 de abril e finaliza o 28 de abril de 2019.
 
A persoa autora do deseño seleccionado e o centro escolar ao que pertenza recibirán como premio unha cantidade determinada exposta na páxina web.
 
Toda a información sobre esta acción está dispoñible na páxina web http://www.menosbolsas.gal, así coma as bases do concurso e os requisitos precisos para participar. Axuntamos folleto e cartel do concurso para que o poidan divulgar no seu centro.
 
Guay Gustaríanos recordar que dito concurso é de caracter voluntario, onde cada participante terá que realizar o deseño na súa casa. Guay
 
 
 

INFORMACIÓN ADMISIÓN CURSO 2019-2020

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para 4º de educación infantil para o vindeiro curso 2019-2020, informamos de que o número de solicitudes presentadas é superior ao de prazas ofertadas.

 

Polo que se abre un prazo dende o luns 25 de marzo ata o venres 5 de abril (10 días hábiles) para a presentación por parte das familias que presentaron as solicitudes de admisión para 4º de educación infantil da seguinte documentación acreditativa en función dos criterios que foron alegados no baremo.Só se poderá xustificar os datos alegados na solicitude para realizar a baremación. A falta de presentación da documentación en tempo para acreditar o criterio ou criterios alegados impedirá valoralos. Deberase presentar a documentación orixinal e unha copia.

 

ACREDITACIÓN DO DOMICILIO FAMILIAR NA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO OU NA ÁREA LIMÍTROFE

• Certificado do padrón municipal expedido no ano actual (antigüidade no padrón mínima dun ano)

Se non coincidise o domicilio familiar co fiscal, deberá presentar a documentación complementaria seguinte:

• Copia autenticada do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar.

• Contrato de alta de recibos actualizados de subministracións (auga, luz, gas) a nome da persoa solicitante na vivenda declarada como domicilio familiar

 

ACREDITACIÓN DO LUGAR DE TRABALLO DA NAI, PAI OU TITOR/A LEGAL NA ÁREA DE INFLUENCIA OU NA ÁREA LIMÍTROFE

Para traballadores/as por conta allea: Documento expedido para o efecto pola persoa ou entidade para a que traballa, xunto cunha copia do contrato de traballo.

Para traballadores/as por conta propia: Alta no censo inicial ante a Axencia Estatal Tributaria, con todas as modificacións posteriores e as altas na Tesouraría Xeral no Réxime de Seguridade Social.

Para persoal ao servizo das administracións públicas: Certificado da Xefatura de Persoal correspondente.

 

ACREDITACIÓN DA RENDA ANUAL DA UNIDADE FAMILIAR

• No caso en que a Axencia Estatal de Administración Tributaria non dispoña dos datos tributarios das persoas integrantes da unidade familiar, estas deberán achegar unha certificación de haberes, ou calquera outro documento de cada unha delas que permita aplicar o baremo.

 

ACREDITACIÓN DA CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL 

• Presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

 

A documentación entregarase na secretaría do centro no seguinte horario:

LUNS: 9:05 - 9:55 horas

MARTES: 9:05 - 9:55 horas

MÉRCORES: 9:05- 9:55 e 13:15 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 12:05- 13:15 horas

 

PUBLICARANSE AS LISTAS PROVISIONAIS (admitidos e non admitidos) ANTES DO 25 DE ABRIL.

O Equipo Directivo

21 de marzo DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo conmemoramos o día da poesía e este curso decidimos traballar distintos tipos de poesía.
 
En educación infantil realizamos varios caligramas relacionados coa primavera. O caligrama é un tipo de poesía para mirar e contemplar ademais de ler. Nos caligramas, o poeta debuxa un obxecto relacionado co tema principal do poema.
 
En 1º e 2º de educación primaria realizamos uns acrósticos, que son unhas composicións poéticas nas que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso, lidas en sentido vertical, forman un vocablo ou locución.
 
En 3º, 4ºA e 4º B de educación primaria fixemos os poemas limerick, unha forma poética moi coñecida no mundo anglosaxón. Está formada comunmente por cinco versos de tipo anapesto, cun esquema de rima estrito: AABBA. O limerick ten xeralmente intención humorística. Os dous primeiros versos riman co último, así como o terceiro co cuarto, e estes dous polo xeral son mais curtos.
 
E en 5º e 6º de educación primaria traballamos os poemas diamante. Os poemas diamante son poemas de 7 versos asoantes en forma de diamante. O primeiro verso consiste dun sustantivo; o segundo de dous adxectivos que describan ao sustantivo; o terceiro, de tres verbos; o cuarto de catro sustantivos (os dous últimos deben ter un significado oposto aos dous primeiros); o quinto de tres verbos que reflictan o cambio no suxeito do poema; o sexto, de dous adxectivos que continúen a idea do cambio; e o sétimo dun sustantivo que sexa oposto ao primeiro sustantivo.
 
Aquí tedes a mostra do traballo completo.
 
 
Ademais, hoxe, na hora de ler, fixemos a lectura destes poemas no patio do colexio. Esperamos que vos gusten.
 

Moitas grazas a todos e todas polo voso esforzo.

Invitámosvos a visitar o blog da biblioteca para ver máis.

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos unha data moi importante, O DÍA DA MULLER.

 

Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días con distintas mulleres importantes da cultura galega investigando todo sobre elas, facendo fincapé, acorde ao proxecto de centro, na revolución e en qué foron revolucionarias.

 

O equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega prepararon a montaxe deste vídeo coa canción de "Matriarcas" de Guadi Galego, representada polo alumnado de 6º de Educación Primaria. 

Esperamos que o desfrutedes.
 

PROCEDEMENTO ADMISIÓN 2019-2020

PRAZO: 1 ao 20 de marzo de 2019 (ata as 14:00 horas)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II (ED550B), debidamente cumprimentado. Poderase cubrir e xestionar dos seguintes xeitos:

         - Cumprimentarse de forma manual recollendo o Anexo II no centro educativo.

         - Cubrilo online dende a seguinte ligazón: ANEXO II

         - Desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

         - Desde a aplicación:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • DOCUMENTO ACREDITATIVO DO REQUISITO DE IDADE DO/A ALUMNO/A ( libro de familia e fotocopia do mesmo)
  • SÓ en caso de cambio de centro:Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, SE É O CASO.

Se se denega a consulta por parte da administración dos datos alegados, deberase traer documentación xustificativa dos datos alegados e fotocopias (incluído o DNI).

HORARIO DE SECRETARÍA do 1 ao 20 de marzo:

O venres 1 de marzo haberá horario especial de 13:05 a 14:05 (por motivo da celebración do Entroido)

LUNS: 9:05 - 9:55 horas

MARTES: 9:05 - 9:55 horas

MÉRCORES: 9:05- 9:55 e 13:15 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 9:05 - 9:55 e 12:05- 13:15 horas

 

Toda a documentación e normativa a este procedemento pode consultarse nos arquivos adxuntos, así como nos taboleiros do centro.

As familias poderán consultar o estado da tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisiónalumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

A notificación electrónica ás familias a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia NOtific@ realizarase sempre que se elixira esta modalidade como medio de comunicación.

O Equipo Directivo

PDC.DESTACADO PAPEL DOS NOSOS/AS ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Os nove atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, celebrado esta mañá no circuito de San Lázaro de Noia,tiveron unha destacada participación.

A nivel individual os resultados foron os seguintes:

  •  Tirso Ramos( 4º clasificado benxamín masculino)
  •  Guillermo Pastoriza( 6º clasificado alevín masculino) 
  •  Nuria Castro ( 32ª clasificada benxamín  feminino)
Tamén destacar o quinto posto do equipo infantil feminino formado por: Estela Souto, Ainara Cancela,Nerea Alonso, Iria Bustelo, Noa Pena e Nerea Cobas. 

Noraboa e moitas grazas a todos/as polo voso esforzo e comportamento!!!

Con este campionato ponse punto final  á tempada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de moi boa, xa que, o noso centro estivo presente por oitava vez consecutiva no Campionato Provincial.
 
Máis información en:" Disfrutamos movéndonos"

LIBRE O MEU PENSAMENTO...24 de Febreiro "Día de Rosalía"

   Achegámonos ao 24 de Febreiro, día en que se conmemora a figura dunha das escritoras máis importantes da cultura galega....ROSALÍA DE CASTRO

 

   Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días sobre varias estrofas reivindicativas de dita escritora. Con elas Rosalía tentaba denunciar as distintas inxustizas socias vividas na sociedade. 

 

    Dende o EDLG deixámosvos algunhas mostras do traballo realizado por cada un dos ciclos, indicando ademais o verso que reflexa cada unha das inxustizas, que como poden ver, aparece reflexado nas chapas e nas diferentes pancartas.

   

   Antes diso premede no archivo adxunto para ver aos mais cativos/as recitando os seus versos, esperamos que vos guste:

 

 

   O que se engade a continuación, son as diferentes imaxes dos alumnos coas súas chapas e as pancartas:

 

  

Educación Infantil: "Cantares Gallegos"...Emigración

                 "¡Deixo a casa onde nacín...!

 

1º ciclo Educación Primaria

 

1º ciclo de Educación Primaria: "Cantares Gallegos"...Abuso Laboral, Emigración

                 "Trataide ben ós galegos"

 

 

2º ciclo de Educación Primaria: "Follas Novas"...Inxustiza social

                 "Tirá...que cando caiades,

                  hanvos de face-lo mesmo"

 

  

3º ciclo de Educación Primaria: "Follas novas"...Violencia de xénero

                 "Quedei deshonrada, mucháronme a vida"

PDC. O NOSO CENTRO NA PRENSA LOCAL

O Diario de Bergantiños de hoxe faise eco da participación do noso centro, no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará mañá no estadio de San Lázaro de Noia.

 

PDC.CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Nuria Castro, Tirso Ramos, Guillermo Pastoriza,Estela Souto,Ainara Cancela,Nerea Alonso,Iria Bustelo,Nerea Cobas e Noa Pena, alumnos de 2º,3º,5º e 6º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro venres, no circuito do estadio de San Lázaro( Noia)

Todos/as chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.
 
Moita sorte campións!!!

PDC.RELACIÓN DE CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións dos centros educativos que participaron o pasado sábado no  Campionato Intercomarcal  de campo a través escolar, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  nove nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Provincial , que se celebrará o vindeiro venres 22 de Febreiro en Noia.


Á medalla colleitada por Tirso Ramos,hai que sumar a clasificación individual de Nuria Castro e Guillermo Pastoriza; e o primeiro posto  do equipo infantil feminino.

Noraboa a todos/as!

Máis información en: " Disfrutamos movéndonos"

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ... BAILANDO !!!

Dende o CEIP Plurilingüe A Cristina, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e que mellor maneira de facelo que cantando e bailando esta canción de Mamá Cabra titulada "Baile da Paz".

 

Facede clic na imaxe para desfrutar do noso traballo.

 

Esperamos que vos guste Sorriso

 

 

 

 

 

Moitas grazas a todos/as !!!

PDC. O NOSO CENTRO CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
 
Por oitavo ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro venres 22  de Febreiro, no circuito de localidade coruñesa de Noia.

 

Tirso Ramos, alumno de 3º de E.Primaria, acadaou o segundo posto  na categoría benxamín masculino, o que lle otorga o pase ao Campionato Provincial( o número de nenos/as clasificados/as pode verse incrementado en outros sete nenos/as en función das clasificacións dos centros educativos)

 

O resto dos nenos/as que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 5º posto dos equipos benxamín masculino e infantil feminino(1º clasificado centros educativos)
 
Máis información no blog de Educación Física do centro:
 
Distribuir contido