BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2019 - 2020

O MÉRCORES 11 DE SETEMBRO COMEZA O NOVO CURSO!!!!! 


Todos e todas os que formamos parte do Ceip Plurilingüe A Cristina queremos darvos a benvida a todas as familias que neste curso entrades a formar parte da nosa comunidade educativa e, por suposto, ás que xa formaban parte dela.

Mañá comezan as clases no seu horario habitual de 9.05 a 14.05 horas.

Esperámosvos!

 

Horario de atención do equipo directivo no curso 2023/24

DIRECCIÓN:

Luns:           09:05 h – 09:55 h

Mércores:  12:35 h – 14:05 h

 

XEFATURA DE ESTUDOS:

Mércores:  09:05 h - 09:55 h

Venres:    09:05 - 09:55 h  

 

SECRETARÍA:

Martes: 13:15 h - 14:05 h        

Mércores: 09:05 h - 09:55 h    

 Venres: 13:15 h - 14:05 h   

 

Para ser recibido no horario de atención, deberase solicitar cita previa.

Moitas grazas de antemán.

 

 

HORARIO SECRETARÍA XUÑO E XULLO 2019

No documento adxunto podedes consultar o horario de secretaría para o mes de xuño e xullo.

 

LIBROS DE TEXTO 2019-2020

Poden consultar nos arquivos adxuntos a relación de libros de texto de cada nivel para o próximo curso escolar 2019/2020.

 

Lembrámoslles que en 5º e 6º de E.P., o alumnado non empregará libros de texto impresos, xa que o centro forma parte da Rede de Centros  E-DIXGAL.

 

Atentamente, 

 

O equipo directivo.

 

A CRISTINA DÁ A VOLTA AO MUNDO

 
 
Hoxe pola tarde celebramos un novo festival de fin de curso no Pazo da cultura, baixo o título de "A Cristina dá a volta ao mundo".O tema central foron as músicas do mundo, con coreografías de diversos países.Os rapaces de sexto curso quixeron aportar como despedida o seu graniño de area, representando unha coreografía de acrosport.
 
Felicitar a nosa mestra de música Nerea,  polo seu gran traballo na organización deste evento. Noraboa compañeira! Que luxo contar con profesionais coma ti!
 
Podedes ver algunhas fotografías do festival neste enlace de La Voz de Galicia-Carballo:FESTIVAL FIN DE CURSO 2019
 

HORARIO SECRETARÍA ATA O VENRES 28 DE XUÑO

HORARIO DE SECRETARÍA DENDE O XOVES 20 DE XUÑO ATA O VENRES 28 DE XUÑO

XOVES 20: 13:15 -14:05 horas

VENRES 21: 9:00 - 10:00

LUNS 24 e MARTES 25 DE XUÑO: FESTIVOS LOCAIS

MÉRCORES 26: 12:00 - 13:00

XOVES 27: 9:00 - 10:00

VENRES 28: 11:00 - 12:00

REDUCIÓN HORARIA VENRES 21 DE XUÑO

Ao remate deste curso escolar, aproveitamos para desexarvos unhas moi boas vacacións e agradecervos a vosa colaboración ao longo destes meses.

Lembrámosvos que o venres 21 de xuño o horario lectivo será de 10:05 ata as 12:05 horas.

O mércores 26 de xuño de 10:00 a 12:00 horas o profesorado do centro estará dispoñible para atender ás familias que o desexen.

Moitas grazas.

Os mestres e mestras  do CEIP Plurilingüe A Cristina.

BRINCADEIRAS 2019

 

"Himno de la Alegría" 6º E.P.

O alumnado de 6º de E.P. quere despedirse deste curso que remata da mellor maneira posible, facendo música!! Aquí deixámosvos "El Himno de la alegría", obra do coñecido compositor Ludwig Van Beethoven.

 

 

 

Esperamos que vos guste!!

ADXUDICACIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2019-2020

O día 12 de xuño de 2019 tivo lugar a reunión da Comisión de Escolarización de Carballo na que se procedeu á adxudicación subsidiaria de postos escolares a aqueles solicitantes que non obtiveron praza no centro no que presentaron a súa solicitude. Despois de dita adxudicación subsidiaria, a Comisión procedeu a asignar posto escolar ás solicitudes presentadas fóra de prazo ata esa data.

Nos documentos adxuntos podedes consultar toda a información.

MATRÍCULA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN PARA O CURSO 2019-2020

O proceso de matriculación do novo alumnado para o curso 2019-2020 terá lugar entre os días 20 e 30 de xuño, ambos os dous incluídos.

Para formalizar a matrícula deberán presentar a seguinte documentación:

  •  Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado (ANEXO III-1) e fotocopia. Este impreso pódese descargar nos arquivos adxuntos ou recoller no centro.
  • Enquisa sociolingüística. Este impreso pódese descargar nos arquivos adxuntos ou recoller no centro.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do calendario de vacinación.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Certificado médico (informe do pediatra: alerxias, enfermidade,...).

O Equipo Directivo

ENREGUÉIFATE

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participaron na III edición do certamen de regueifas en vídeos organizado por ENREGUÉIFATE coa colaboración do concello de Santiago, o concello de Teo e o concello de Ames.

A continuación, nos arquivos adxuntos deixámosvos os vídeos cos que participaron (pinchade en cada arquivo adxunto para poder ver cada vídeo).

Animádesvos a regueifar con eles?

 

O alumnado de 5º de E.P. rapea ao deporte

Durante este 3º trimestre o alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo a crear un Rap. Despois de decidir, entre todos e por unanimidade, a temática (o deporte), puxémonos mans á obra e este foi o resultado.

 

 

 

Ademais de aprender un novo xénero musical, os nenos e nenas quixeron deixar constancia da importancia do deporte nas nosas vidas.

 "Facer deporte é moi saudable, practica deportes con felicidade" (Uxía, 5º E.P.)

Excursión Fin de Curso 1º, 2º, 5º e 6º de Ed. Primaria

O pasado venres 31 de maio o alumnado de 1º,2º,5º e 6º de Ed. Primaria , fomos de excursión de fin de curso ao parque aventura Galipark e, como veredes no vídeo pasámolo en grande facendo actividades e xogos de todo tipo. Esperemos transmitir a felicidade que vivimos ese día e que vos guste!!

FINALISTAS: I CERTAME ESCOLAR INTERNACIONAL DE PODCAST

 

 Como xa puidestes observar en entradas anteriores o alumnado de 6º de Educación Primaria participou no I Certame Escolar de Podcast e Relato radiofónico Xosé Mosquera Pérez.

   Pois ben, quedaron finalistas e hoxe asistiron ao acto para elixir o gañador, que tivo lugar no Museo do Pobo Galego. Foi unha bonita experiencia, no que a pesar de non resultar gañadores, estaban realmente entusiasmados.

 

  EN HORA BOA rapaces e rapazas, fixéstelo xenial!

 

   Aquí vos deixamos mostra dalgunhas imaxes cos alumnos/as que puideron asistir:

 

                  

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido