Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano dedidado a ANTÓN FRAGUAS, fixemos varias actividades.Entre elas, indicar que realizamos algunhas das propostas como cada ano polo Seminario Galán, así como o caderno de actividades que fixo o CEIP Xesús San Luis Romero.Ademais, e como traballo colaborativo coas familias, todo o alumnado fixo investigacións sobre certos aspectos da nosa cultura galega (labor que tamén realizaba este autor), como son: refráns, adiviñas, aparellos de labranza, topónimos que están desaparecendo...Por outro lado, e colaborando co equipo de biblioteca escribimos a biografía de ANTÓN FRAGUAS empregando os pictogramas.De todo o traballo realizado fíxose unha exposición polos corredores do centro, actividade da cal puideron desfrutar tamén as familias.A continuación, e a modo de collage, poden ver unha mostra do traballo realizado:
Continuando coa celebración deste festividade, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou no I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico. Neste caso empregando o traballo de investigación sobre os topónimos. Deixámosvos o vídeo:
|
|||||||||