Actividades Normalización

PAZ 2018

Para conmemorar o Día da Paz, cada curso traballou unha palabra tanto en galego como no idioma correspondente co país traballado. Logo, decoraron as palabras e escribiron o seu significado facendo fermosos carteis. Ademais, decoraron e escribiron a palabra PAZ nos diferentes idiomas en fermosas pombas. O resultado foi este fermoso mural:

VISITA DE PEPE CARREIRO

Hoxe tivemos a visita de Pepe Carreiro, creador e ilustrador de series de literatura infantil tan coñecidas como "Os Bolechas" e "Os pequenos Barbanzóns".

Durante a mañá, ensinounos como é o proceso de deseño de cada unha das súas personaxes; e incluso de debuxos animados coñecidos da súa infancia.

Os nosos alumn@s preguntáronlle sobre o proceso de creación dos Bolechas e os Barbanzóns, en que se inspirou, canto tempo leva como debuxante e un sinfín de preguntas máis que foron xurdindo ao longo do seu diálogo cos cativos.

DÍA DA PAZ

O venres 30 de xaneiro celebramos coma sempre o "Día da Paz". Este ano, os nosos alumnos e alumnas traballaron ao redor do vídeo " A disputa das cores", no que cada curso creou o seu propio lapis, cheo de debuxos e elementos que para eles evocan a paz. O resultado... no hall do noso colexio os atoparedes colgados!

Animádevos a visitalo e botarlles unha ollada!

Visita de Anxo Moure.

O venres 21 de marzo contamos coa visita de Anxo Moure. Despois de ler as súa obras As árbores da paz e O carballo con botas, puidemos disfrutar coas súas historias.

A todo o alumnado de Infantil e Primaria gustounos moito compartir a seu amor pola natureza e as árbores, e o seu chamamento para que non se perda a esperanza.

Recomendámosvos que leades algúns dos seus libros ou que vaiades a velo se tendes oportunidade.

Despedimos o Antroido 2014

Este ano celebramos con gran entusiasmo o Antroido. O tempo acompañou e poidemos facer o tradicional desfile de disfraces por Exipto, coa compañía das familias. Pero, chegou a hora de despedir o Antroido 2014. Depois de disfrutar da compañía  de A Ceboliña, chegou o momento de dixarnos. Pero como soe decirse, é un "ata logo" non un adeus. Esperamos con ilusión o vindeiro Atroido.

Aviso pais celebración Antroido 2014

Informamos que o venres 28 de febreiro celebraremos o Antroido con horario de 9:00 a 13:30 horas. Haberá servicio de comedor ata ás 15:30 h. Lembramos que á saída do comedor non hai transporte escolar, polo que deben vir a recoller aos vosos fillos/as.

Se o tempo o permite, ás 10:30 horas faremos un desfile por Exipto. De non ser posible, as actividades realizaranse no centro. Neste caso non é posible, por temas de organización e seguridade, a presenza das familias.

O noso pesar por Dna. Ceboliña Amante Gandula

click na imaxe para ver a maior tamaño

Antroido 2014

Esta semana que entra celebramos o Antroido. "A ceboliña" xa está preparada para darnos as súas ordes.

Luns:
O luns pola albotrada
Nada verás
por eso gafas traerás.

Martes:
Polo martes ó mencer
Unhas folliñas de árbore
Na cabeza tes qie traer

Mércores:
Arremanga o pantalón
Para ver
un calcetín de cada cor

Xoves:
O xoves pola mañanciña
O pixamiña
Non me quito de enriba

Calendario 2014 do colexio de Abanqueiro.

Este é o calendario que elaboraou o Equipo de Dinamización Lingüística para o ano 2014 e que tódalas familias xa debedes ter na casa.

Actuacións Festival Nadal 2013

O venres 20 de decembro, celebraremos o festival de Nadal no colexio, a partir das 10:30 horas. O Festival contará coas seguintes actuacións:

1. Escenificación: “ Sonrisa ”. 5º e 6º.

2. Montaxe decorado navideño: 2º primaria.

3. Canción: “Nadando sin parar”. Inf. 3 e 4 anos.

4. Teatro: ”A figueira de Pelostortos”. Inf. 4 anos.

5. Canción: “Eu son un artista”. Inf. 5 anos.

6. Teatro: “O ogro Carapao e o Nadal”. 1º primaria.

7. Canción: “Hay un amigo en mi”. 1º primaria.

Celebramos o Nadal 2013

Este curso recuperamos o Festival de Nadal para as familias. Xa temos ambientado o centro para esta celebración, e antes das vacacións o alumnado representará as súas actuacións para todas as familias.

Algunhas imaxes:

Magosto 2013

Celebramos O Magosto. Foi unha xornada na que disfrutamos desta tradición tan nosa. Aparte dos xogos populares nos que participaron tódolos nenos e nenas, ao remate, comemos receitas con castañas feitas polas familias. Estaban todas riquísimas! Grazas a tódalas familias que colaborastes.

E non puideron faltar as castañas asadas.

Podes ver as imaxes na nosa galería. 

Samaín e Halloween 2013

A semana do 28 de outubro celebramos Samaín e Halloween. O alumnado trouxo as súas cabazas decoradas ao colexio, e o 30 de outubro foi o momento de vir disfrazados para a ocasión: monstruos, meigas, e todo tipo de personaxes relacionados con Samaín e Hallowwen.

Podes ver as imaxes na nosa galería. 

Celebramos o Magosto 2013.

Este ano celebraremos o Magosto por todo o alto. Haberá xogos populares y diferentes actividades, e por suposto, non pode faltar a degustación de castañas asadas.


O horario será de 9:00 a 13:30 horas, habendo clase só pola mañá. O comedor terá o horario de 13:30 a 15:30 horas. Lembarmos que non hai servizo de autobús ao rematar o comedor, polo que terá que ir a recoller ao neno/a.

Entrevista a Susana por Noemí - Maio Cultural.

Noemí de 4º de Primaria entrevistou á súa amiga Susana.

Entrevista realizada dentro das actividades de Maio Cultural organizadas polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística.


6:32 minutes (2.99 MB)
Distribuir contido