Actividades Normalización

O NOSO HORTO 3

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que fixeron os alumnos de 3º e 4º de primaria.

O NOSO HORTO 4

Aquí vos deixamos o último video co que fixeron os alumnos de 5º e 6º de primaria.

MAGOSTO

Este xoves celebramos o magosto. Agradecemos á ANPA a súa participación no asado das castañas e a súa colaboración na realización dos xogos populares.

LETRAS GALEGAS 2018

Celebramos as Letras Galegas cunha pequena Romaría na que contamos coa colaboración da Asociación Amicos. O alumnado puido disfrutar de talleres, xogos e dun pequeno xantar no que colaboraron as familias.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - O SON DO AR

Por último, saímos ao patio e todo o alumnado de Educación Primaria interpretou a canción "O son do ar".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - HIMNO GALEGO

O alumnado de 6º de Educación Primaria interpretou á frauta o "Himno galego".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - DANZA DE PAOS

Logo seguíronlles o alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria coa súa interpretación á frauta da canción "Danza de paos".

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - O PRIMEIRO VALSE

Continuaron a súa actuación o alumnado de 4º de Educación Primaria coa interpretación á frauta da canción "O primeiro valse".


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018 - A PRINCESA DO CAUREL

O pasado mércores 16 de maio tivo lugar no CEIP Plurilingüe de Abanqueiro a conmemoración do Día das Letras Galegas coa súa tradicional romaría e as actuacións dos nosos protagonistas. Nesta ocasión, comezaron os máis pequenos coa súa representación da canción "A princesa do Caurel".

Unha visita polo Concello con Baia

O alumnado de 3º e 4º curso de educación primaria, asistiron onte ao estreno literario do libro Unha visita polo Concello con Baia. Esta actividade organizouna o Concello de Boiro para todos os colexios do Concello.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA E SEMANA DA PRENSA

Onte conmemoramos no noso centro o día da muller traballadora xunto coa semana da prensa, con tal motivo, a TVG fíxonos unha reportaxe que enlazamos a continuación por se alguén non o puido ver en directo.

ENTERRO DA CEBOLIÑA 2018

O enterro da Ceboliña é unha tradición do noso colexio. Os encargados de levar a dona Ceboliña e de ler o seu testamento foron os nenos e nenas de sexto curso. Aquí tedes un pequeno resumo:

ENTROIDO 2018

Esta semana foi moi divertida. Cada día puxémonos algo diferente, seguindo as comandas do Entroido. O venres, vestidos con traxes hindús, alemáns, arxentinos, mexicanos, tanzanios, portugueses e maorís, fixemos un desfile, unha desgustación de alimentos típicos do Entroido e uns bailes típicos dos países ao que cada clase representou. Aquí tedes un pequeno vídeo con imaxes de toda a semana.

A CANDELORIA

O día 2 de febreiro celébrase a Candeloria. Esta data considérase coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. A Candeloria é a época do casamento dos paxaros. 

Hai un refrán que di: “Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.

Para conmemorar este día, o alumnado elaborou este bonito cartel no que expoñen os seu desexos de amor e amizade:

DÍA DA PAZ 2018

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz no noso centro. No salón de actos o alumnado de cada curso contou unha anécdota relacionada con Paz do país que están a traballar ao longo do ano. Ademais, os alumnos e alumnas de 4º e de 6º interpretaron dúas cancións coa frauta. Para rematar, vimos o lipdub da canción I´ve got Peace in my Fingers que todo o alumnado traballou na área de inglés.

Distribuir contido