FONDO DE LIBROS E AXUDA MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

Informámoslles de que no DOG do luns, día 20 de maio, sae publicada a “Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020”.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño (este incluído).

Para a concesión das axudas é requisito indispensable ter devoltos en bo estado os libros de texto que forman parte do fondo de libros do centro (recolleranse a semana do 17 de xuño).

O impreso pode recollerse no centro educativo, cubrilo online na dirección www.edu.xunta.es/fondolibros ou descargalo dende aquí e presentalo posteriormente no centro ou presentalo directamente de forma electrónica. É necesario achegar fotocopia do libro de familia.

O alumnado de 6º de educación primaria presentará a solicitude no instituto onde teña feita a prematrícula.

AdxuntoTamaño
Modelo ED330B.pdf2.05 MB
Orde do 3 de maio_fondolibros.pdf1.16 MB