CARREIRA SOLIDARIA POLA LEUCEMIA INFANTIL

(Premede en Leer máis para ver o artigo completo)

Onte, día 26 de outubro, alumnado, profesorado e familias do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro uníronse nunha mesma causa: a loita contra a leucemia infantil nunha carreira solidaria para recaudar fondos destinados á organización Unoentreciemil. Non se trataba dunha carreira competitiva, senón todo o contrario.

A carreira celebrouse en máis de 900 centros educativos de toda España. Nós puxemos o noso grao de area recaudando 330 euros para esta causa.

A continuación deixámosvos un pequeno video resumo do acontecemento. Tamén adxuntamos os enlaces ás notas de prensa do Diario de Arousa e La Voz de Galicia.