Saídas á rúa.

Xa fai algunhas semanas que os nosos alumnos e as nosas alumnas poden saír a dar pequenos paseos pola rúa.

Todos o fan dunha maneira moi responsable, facendo caso sempre das indicacións dos maiores e seguindo a regra dos tres 1, unha persoa adulta, un kilómetro e unha hora ao día.

Algúns dos nosos alumnos e das nosas alumnas quixeron mandarnos unha fotografía do ben que o están a pasar nestas pequenas saídas.

Nicolao saíu a pasear coa súa irmá.

Cristina, con mascarilla, luvas e o seu patinete.

      

Eloi saíu á praia a buscar tesouros.

Nicolás disfrutou dun paseo en bicicleta.

Ánimo nenos e nenas que cada vez queda algo menos para que nos poidamos volver a ver.