blogue dearanchapernas |
A ilustradora SONIA GARCÍA, visitou o noso centro e explicoulle aos nenos técnicas moi interesantes sobre a ilustración. |
|||
Esta semana conmemoramos EASTER e fixemos distintas actividades dende o departamento de plurilingüismo: - Aprendimos vocabulario. - Cantamos e bailamos cancións de Easter. - Fixemos sopas de letras, crucigramas e coloreamos debuxos. - En Arts elaboraron Chicks e Easter Bunny dando liberdade a súa imaxinación e creatividade. |
|||
O alumnado de 4º estivo levando a cabo ao longo dunha semana o proxecto The Language Magician. Primeiro fixemos distintas actividades na aula e no salón de actos cun enfoque totalmente lúdico que nos serviu para repasar diferentes temáticas que logo lles farían falla para converterse en aprendices de bruxos e salvar aos animais que Winivil, un mago malvado, tiña secuestrados no alto dunha torre. O último día se adentraron no videoxogo a través do uso de Ipads, onde tiveron que ir resolvendo actividades orais e escritas en inglés para conseguir liberar aos animais. |
|||
Bo día: Comunicámoslle que xa están publicados no taboleiro do noso centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2022-2023. Poden consultalas presencialmente ou empregando a Chave 365. De todos xeitos, informámoslles de que todos os que solicitaron praza no noso centro foron admitidos. |
|||
Bo día: A continuación informámoslles da obra de teatro que se representará o venres día 8 na Casa da Cultura de Boiro. |
|||
Este ano fixemos a nosa humilde representación do tradicional Enterro do Oso de Abanqueiro. Os nenos aprenderon un montón coas charlas previas e pasámolo en grande o día da celebración. Aquí vos deixamos un pequeno resumo. A bailarrrr!!!!! |
|||
Hoxe recibimos un pequeno agasallo para os nenos e a placa conmemorativa do Selo de Calidade recoñecido ao noso centro polo proxecto eTwinning do curso pasado: LINGOTURE.
Moi contentos despois do traballo! |
|||
O pasado xoves tivo lugar no noso centro o tradicional enterro da nosa Ceboliña. Aquí tedes un pequeno resumo dese día. Moito choramos por ela!!! |
|||
O 30 de xaneiro conmemoramos o "Día da Paz e a non violencia" e dende o departamento plurilingüe de plástica fixemos unha pomba empregando diferentes texturas: o alumnado de 1º de primaria foi o encargado de pegar algodón, o de 2º do papel pinocho, 3º de plastilina, 4º de envoltorios de magdalenas, 5º de arroz e 6º de porespán. Entre todos fixemos esta bonita pomba: |
|||
Onte foi o último día da nosa auxiliar de conversa india no noso centro. Sabemos que todos a imos botar moito de menos. Algo que recordarán todos os nen@s do seu paso polo noso cole é a canción de Bum Bum Bole que tanto bailamos en clase dende a súa chegada. Esta canción aparece nunha película india e o seu protagonista é un mestre de educación primaria. Suparva fixo un pequeno vídeo recopilando anacos de baile en tódolos cursos. Espero que vos guste tando coma aos nenos. |
|||
Queremos agradecer a colaboración das familias na recollida de alimentos en favor de Cáritas. |
|||
A continuación poden consultar a listaxe de alumnos admitidos para a distribución de máscaras. Este listado tamén se atopa no taboleiro do centro. |
|||
Un ano máis, o noso centro participa nun proxecto de intercambio de postais de Nadal a través de eTwinning. Despois de que o curso pasado este intercambio tivera que ser telemático por mor da pandemia, este curso retomamos o intercambio de forma física e as postais elaboradas polo alumnado de primaria viaxarán ata Turquía, Portugal, Croacia, Finlandia, Eslovaquia, República Checa, Lituania, Grecia, Rumanía, Italia e tamén a Santiago de Compostela. Esperamos ansiosos recibir as nosas postais. |
|||
Ao longo desta semana, dende a área de Inglés, fixemos varias actividades relacionadas con Halloween: Aprendimos vocabulario, fixemos varios xogos interactivos na pizarra dixital, xogamos ao Dobble, ao Dominó, ao Lince, bailamos Just Dance e xogamos ás estatuas musicais. Foi unha semana terrorífica!! Aquí vos deixo un pequeno resumo: |
|||
Estamos moi contentos porque fomos premiados co Selo de Calidade Europeo polo proxecto de eTwinning LINGOTURE que levamos a cabo ao longo do curso pasado na área de inglés co alumnado de 4º e 6º de primaria. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »