Blogues

II CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO ECOLÓXICO

Na tarde de onte, día 8 de marzo, celebrouse a entrega de premios aos gañadores do II Concurso Infantil de Debuxo Ecolóxico na Casa da Cultura de Boiro. Os premiados do noso colexio foron Sara Tubío Riveiro de 2º E.P. e Paula Toucedo Rodríguez de 3º E.P.

Parabéns ás dúas gañadoras!!

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA E SEMANA DA PRENSA

Onte conmemoramos no noso centro o día da muller traballadora xunto coa semana da prensa, con tal motivo, a TVG fíxonos unha reportaxe que enlazamos a continuación por se alguén non o puido ver en directo.

THE FRISBEE SONG

Os alumnos e alumnas de 4º cantando The Frisbee Song, con esta canción aprendemos a diferenciar as distintas partes do día: in the morning, in the afternoon, in the evening and at night.

ENTERRO DA CEBOLIÑA 2018

O enterro da Ceboliña é unha tradición do noso colexio. Os encargados de levar a dona Ceboliña e de ler o seu testamento foron os nenos e nenas de sexto curso. Aquí tedes un pequeno resumo:

COLLECTIONS MARKET

Para trasladar aos alumnos a unha situación real de aprendizaxe e practicar o vocabulario desta unidade, baseado en distintas coleccións, montamos un mercadillo onde os alumnos fixeron de tendeiros e clientes empregando para elo unha réplica da libra, moeda empregada en Inglaterra.

ANIMALS OF INDIA in 4-5 years

Os alumnos e alumnas de 4 e 5 anos, que están traballando o proxecto da India coa súa titora, tamén aprenden os distintos animais que viven na India en inglés a través de diferentes xogos.

ENTROIDO 2018

Esta semana foi moi divertida. Cada día puxémonos algo diferente, seguindo as comandas do Entroido. O venres, vestidos con traxes hindús, alemáns, arxentinos, mexicanos, tanzanios, portugueses e maorís, fixemos un desfile, unha desgustación de alimentos típicos do Entroido e uns bailes típicos dos países ao que cada clase representou. Aquí tedes un pequeno vídeo con imaxes de toda a semana.

TRADICIONAL DESFILE DE ENTROIDO 2018

Como xa é tradición, alumnos e mestres desfilaron mostrando os seus disfraces.

INDIA Infantil 3 anos

Seguindo co proxecto da biblioteca que se está a traballar ao longo do curso, o alumnado representou os bailes típicos de cadanseus países.

Os alumnos e alumnas de 3 anos representaron un baile típico da India.

INDIA Infantil 4-5 anos

Os alumnos e alumnas de 4 e 5 anos representaron un baile típico da India.

ALEMAÑA - 1º EP

Os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria representaron un baile típico e Alemaña.

ARXENTINA - 2º EP

Os alumnos e alumnas de 2º Educación Primaria representaron un baile típico de Arxentina.

MÉXICO - 3º EP

Os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria interpretaron un baile típido de México.

TANZANIA - 4º EP

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria interpretaron un baile típico de Tanzania.

5º EP - PORTUGAL

Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria representaron un baile típico de Portugal.

Distribuir contido