Blogues

PROXECTO eTWINNING - CLUES TO SOLVE MYSTERIES

Os nosos pequenos investigadores comezan a resolver o seu terceiro misterio.

Neste caso teñen que adiviñar o nome do personaxe famoso dos diferentes países que están a colaborar no proxecto.

A verdade é que lles encanta resolver misterios!

PROXECTO eTWINNING "SHOW YOUR LOVE"

Os alumnado dos diferentes países que colaboramos neste proxecto, grabamos un pequeno video dicindo "te quiero" na lingua dos compañeiros que nos foron asignados aleatoriamente, no noso caso, en turco.

"Seni Sevyorum"

Tamén tivemos que cantar unha parte da canción "Old Macdonal had a farm" para formar logo parte dun video conxunto.

ALMORZOS SAUDABLES

Os alumnos do Obradorio de Emprego de Hostelería de Boiro ofrecénnos unha degustación de varios almorzos saudables: zume de kiwi e uva, biscoito de iogur, barriñas de cereais, galletas de quinoa, ...

Que rico estaba todo!

AGASALLOS DOS REIS MAGOS

Os Reis Magos deixáronnos na clase de inglés varios agasallos.

Será que nos portamos moi ben.

Podedes ver as imaxes na nosa galería.

(Podedes clicar nas imaxes para facelas grandes)

WHO'S AT HOME?

O alumnado de 4º canta esta canción para traballar así o Present Continuous.

A CABEZA

O alumnado de infantil canta "A Cabeza"


UNHA CLASE DE COIDADO

O alumnado de 4º de educación primaria interpreta esta divertida obra titulada "Unha clase de coidado"

DECK THE HALLS

O alumnado de 5º de educación primaria canta "Deck the Halls"

OPERACIÓN RIL

O alumnado de 6º de educación primaria interpreta esta divertida obra que leva por título "0peración Ril"

DA ROSA ROSIÑA

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria cantan "Da Rosa Rosiña"

RATIÑOS EN APUROS

O alumnado de 2º de educación primaria convírtense en ratiños para interpretar esta divertida obra 

LET IT SNOW

O alumnado de 6º de educación primaria canta "Let it snow"

UNHA AVENTURA

O alumnado de 3º de educación primaria interpreta unha pequena obra de teatro sobre animais titulada "Unha aventura".

BUSCANDO UNHA ESTRELA

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria canta "Buscando unha estrela"

CONTACONTOS PROXECTO MANS UNIDAS

O pasado xoves viñeron a contarnos un conto moi interesante Polo Correo do Vento. 

Ensináronnos o que é o consumo responsable, o consumo local, a fame no mundo e aínda máis, ensináronnos a debuxar.

Distribuir contido