Blogues

ALPHABET

Nesta ocasión o alumnado de 4º e 6º de primaria gravou un video dicindo o abecedario en lingua castelá que verá o resto de países participantes. 

Xa puidemos ver como é o abecedario en ruso e en turco!

Merca de material deportivo coa subvención do Concello de Boiro

Acabamos de mercar algún material deportivo novo para ampliar as nosas ferramentas de traballo e repoñer algún material estragado.

¡Que ben o imos a pasar grazas ao Concello de Boiro!

FESTIVAL DE NADAL 2022

Queremos agradecer o traballo e o esforzo das nenas e nenos de Abanqueiro nas diferentes actuacións do Festival de Nadal. 

Tamén queremos agradecer a colaboración das familias para que de forma cívica este acto se puidera levar a cabo.

No seguinte enlace podedes atopar todas as actuacións:

FESTIVAL DE NADAL 2022

SUBJECTS

O alumnado de 6º de primaria e parte do alumnado de 4º presentaron como se din algunhas asignaturas en inglés e en castelán aos demais países participantes neste proxecto eTwinning (Turquía, Polonia, Italia, Rusia, Letonia e Croacia)

GREETINGS

O alumnado de 4º de primaria presentou ante o resto de países participantes neste proxecto de eTwinning como se din os principais saúdos en inglés e en castelán.

Configuracion WIFI edu.xunta.gal

Para a configuración da WIFI edu.xunta.ga nos dispositivos do centro seguir as instrucións do manual axunto.

Lembrade que en IOS é necesario descargar un arquivo de perfil https://i.gal/wifiios

Servizo de madrugadores

Poden descargar a folla de inscricón no pdf axunto máis abaixo.

Campamentos de Nadal do Concello de Boiro

Teatro para os máis peques

Excursión Á Coruña

O pasado 8 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fomos Á Coruña a visitar o planetario da Casa das CIencias no quel aprendimos moito sobre as estrelas e as constelacións. Pola tarde fomos  ao acuario Finisterrae, que é espectacular.

A continuación un enlace con fotos da visita a cidade herculina.

https://photos.app.goo.gl/ksyE1TgXjqKvPoq68

PLANETARIO

Seguindo co noso proxecto deste primeiro trimestre, a Astronomía, onte o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, tivo a oportunidade de adentrarse nun planetario e facer unha viaxe espacial ata a lúa. Pasamos ao ladiño de moitos planetas e aprendimos un montón de cousas sobre a noso Sistema Solar.

Foi apaixonante!! 

MAGOSTO

O pasado venres conmemoramos no noso centro "O Magosto".

O alumnado comeu castañas no recreo, fixemos unha pequena fogata e puidemos disfrutar coas actuacións das cativas e cativos: houbo bailes, cantigas, raps, adiviñas e refráns e ata unha canción en inglés.

Unha vez máis, queremos agradecer o traballo da ANPA no asado das castañas. Moitas grazas polo voso tempo!!!

Déixamosvos un recopilatorio de fotos no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/kM5hzWic16GMB77i7

POSTCARDS EXCHANGE

A seguinte actividade que fixemos foi un intercambio de postais cun colexio de Italia. Estas son as postais que nos enviaron:

O alumnado de 4º e 6º de primaria respondeu a cada un dos novos amigos italianos presentándose e contando un pouquiño da súa vida.

Esperamos que lles faga tanta ilusión coma a nós!!

Día da Ciencia en Boiro

EPHEMERAL NATURE ART

O alumnado de primaria comezou este curso cunha actividade en Arts que lles encanta: Ephemeral Nature Art, que consiste en recoller obxectos da natureza e facer libremente unha composición. Logo deben poñerlle título e explicar en qué consiste. 

Son uns grandes artistas!

Distribuir contido