HORARIO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

MANNEQUIN CHALLENGE 5º

Aquí vos deixamos o "mannequin challenge" realizado por 5º, con motivo do musical "Hairspray" que estamos preparando para o festival de Nadal.

A SEGUIR DISFRUTANDO!


MAGOSTO 2016

NOVO TELÉFONO DO CENTRO

Estes son os novos teléfonos do centro aos que podedes chamar:

TELÉFONO PRINCIPAL: 881866535

TELÉFONO SECRETARÍA: 881866537

RESOLUCIÓN DEFINITIVA PRÉSTAMO DE LIBROS PARA O CURSO 2016/ 2017

O alumnado de 6º cuxo nome aparece na listaxe definitiva do préstamos de libros para o vindeiro curso, ten asegurado a totalidade dos mesmos; excepto o caderniño de Inglés, que deberán mercalo.

Os demais cursos (3º, 4º e 5º) teñen asegurado o préstamo de todos os libros, agás o caderniño de Inglés. 

LISTAXE DEFINITIVA PRÉSTAMO DE LIBROS 2016/2017

Todo alumnado de 3º a 5º de Primaria segue tendo asegurado o préstamo de todos os libros de texto, agás o caderniño de Inglés.

Ao alumnado de 6º indicaráselle a partir do 22 de xullo, os libros de texto concretos que deberán mercar, despois de coñecerse a adquisición complementaria que deberá facer o centro.

Para consultar ditas listaxes, deben acceder aos pdf adxuntos.

LISTAXES PROVISIONAIS DO PRÉSTAMO DE LIBROS 16/17

Todo alumnado de 3º a 5º de Primaria ten asegurado o préstamo de todos os libros de texto, agás o caderniño de Inglés.

O alumnado de 6º deberá ESPERAR a que se publique a listaxe definitiva para mercar os libros que non lle aparecen adxudicados (a partir do mércores 13 de xullo), xa que poden ver aumentado ou diminuído o número de libros que se lle van a entregar.

Para consultar ditas listaxes, deben acceder aos pdf adxuntos.

I XOGOS OLÍMPICOS INTERCENTROS 2016

O martes 21 de xuño celebramos no noso colexio os "I XOGOS OLÍMPICOS INTERCENTROS CEIP ABANQUEIRO- CEIP ESCARABOTE". Neles participaron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de ámbolos dous centros, pasando unha xornada do máis agradable.

Aquí poderedes ver o desfile inaugural que fixemos para abrir os xogos, no cal estaban representados un total de 8 países dos diferentes continentes. 

Cada grupo realizou un total de 8 probas do máis variopintas: aro- cesto, goalball, lanzamento de avións de papel, indiaca ball, ultimate, coreografías grupais, palabras olímpicas e carreiras con antifaz.

LIBROS DE TEXTO 16/17

Xa dispoñible en pdf na web do centro e no tablón de anuncios, o listado de libros de texto para o vindeiro curso.

NOTA: en 1º e 2º non se mercarán os libros de Ciencias en inglés.

BO VERÁN!

Resumo de actividades 3º trimestre

CARTA DE BENVIDA ÁS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

HABILIDADES XIMNÁSTICAS 5º

Os nenos e nenas de 5º estiveron traballando nesta unidade didáctica de EF, a familiarización e mellora de diferentes habilidades ximnásticas. Nas últimas sesións, eles mesmos crearon diferentes figuras combinando algunha das habilidades traballadas.

Proxecto " A nosa ría". Día da muller

Baile 6º curso. Proxecto "A nosa ría"

Día do Libro. Abril 2016

Distribuir contido