Secretaría

FONDO LIBROS

Informámoslles de que están dispoñibles as listaxes provisionais das axudas

do fondo libros, tanto neste enlace coma no taboleiro do centro. A partir de

hoxe ábrese un prazo de dous días (luns e martes) para posibles

reclamacións.

Os libros de texto entregaranselle aos alumnos o primeiro día de clase.

LIBROS DE TEXTO

No archivo adxunto aparece a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2019-2020.

Insistimos en NON MERCAR ningún libro ata setembro debido a variacións de profesorado e grupos. A primeira semana de setembro volveremos publicar a listaxe definitiva.

SOLICITUDE TRANSPORTE E COMEDOR 2019/2020

Está aberto o prazo para solicitar os servizos de comedor e transporte escolar para o curso 2019/2020.

FONDO DE LIBROS E AXUDA MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

Informámoslles de que no DOG do luns, día 20 de maio, sae publicada a “Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020”.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 17/18

Xa se pode consultar na web da Consellería ou descargar en pdf, o calendario escolar do vindeiro curso.

INICIO DAS CLASES: 11 de setembro de 2017.

FIN DO CURSO ESCOLAR: 21 de xuño de 2018.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.

LIBROS DE TEXTO 2018/2019

Adxúntase a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2018/2019.

 

SOLICITUDE TRANSPORTE E COMEDOR 2018/2019

Está aberto o prazo para solicitar os servizos de comedor e transporte escolar para o curso 2018/2019.

SERVIZO DE COMEDOR: todas as familias que queiran este servizo terán que presentar no centro educativo o anexo II de autodeclaración (pódese recoller no centro ou descargalo no adxunto ) antes do 21 de xuño.

XORNADA ÚNICA.

Adxúntase o documento oficial polo cal se implanta a xornada única de mañá para o curso 2017-2018 en horario de 9:45 a 14:45 horas. 

RECOLLIDA VALES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

XA ESTÁN DISPOÑIBLES NA SECRETARÍA DO CENTRO OS VALES para a adquisición de material escolar e libros de texto para o curso 2017/2018.

Poden pasar a recollelos ao longo da semana (do 26 ao 30 de xuño) entre as 10 e as 12 horas.

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2018

Vén de publicarse na web da Consellería de Educación a orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Pódese consultar no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/dog_convocatoria_fondolibros_axudaslibros_e_material_escolar.pdf

SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Educación ven de convocar novamente, a axuda para a adquisición de material escolar. Esta segunda convocatoria atópase recollida no DOG do martes, 10 de novembro. Para poder acceder só debes pinchar no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/anunciog0164-041115-0002_gl.pdf

CUESTIONARIO CONVIVENCIA ESCOLAR 2015

Ven de constituirse o Consello para a Convivencia Escolar en Galicia. Dende a Consellería ínstasenos a realizar un cuestionario en liña, totalmente anónimo, para a recollida de datos de toda a comunidade educativa.

Para poder realizar dito cuestionario deben entrar no seguinte enlace e introducir a súa clave de acceso (facilitada polo centro):

http://edu.xunta.es/convfamil

SOLICITUDES E VALES DE MATERIAL

Todos os que entregachedes a documentación para a axuda de material, podedes pasar a preguntar pola Secretaría do centro se vos foi adxudicada ou non.

Os que aínda non a presentáchedes, lembrade que tedes de prazo para a súa presentación ata o 01.10.2015.

A data máxima para usar os vales para a adquisición de material escolar será o 31.10.2015.

O modelo de solicitude podédelo solicitar na conserxería do centro ou descargalo directamente da nosa páxina (só ANEXO I).

HORARIO ESCOLAR, DÍAS NON LECTIVOS E PERÍODOS DE VACACIÓNS CURSO ESCOLAR 2015/16

O horario escolar do centro é o seguinte:

HORARIO DE SETEMBRO E XUÑO: de 9 a 13.30 (excepto día 10).

HORARIO DE OUTUBRO A MAIO: de 9.30 a 13.00 e de 15.15 a 16.45.

Os días non lectivos e períodos vacacionais serán:

Outubro: 30 (Día do Ensino).

Novembro: 2 (Festivo).

SOLICITUDE DE TRANSPORTE E COMEDOR 15/16

Comunícolles a todas as familias que se abre o prazo para solicitar Comedor e/ou Transporte Escolar para o curso que vén, segundo as instruccións da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, e a correción de erros do DOG núm. 79, do 24 de abril de 2013.

Distribuir contido