Convivencia

Gallego

Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020. Informe de diagnose

Gallego

Publicado o documento que recolle os principais resultados agregados da diagnose elaborada no marco da Estratexia Galega de Convivencia (educonvives.gal). Todos os centros teñen, desde o mes de decembro, os seus informes personalizados, elaborados de modo automatizado e totalmente anónimo.
Este informe de diagnose supón unha visión global da nosa comunidade que sirva para tomar decisións de mellora baseadas en evidencias.

Colectivo: 
Sección: 

A meirande parte das familias están satisfeitas co centro educativo dos seus fillos e co seu clima de convivencia

Gallego
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, presentou hoxe o resultado do cuestionario realizado a profesorado, familias, alumnos e persoal non docente que ofrece unha exhaustiva diagnose do estado da convivencia en Galicia e servirá de base para que os centros actualicen e adapten os seus propios plans
A maior parte dos enquisados consideran que a convivencia mellorou nos últimos tres anos e a percepción de evolución positiva multiplica por catro a negativa
Máis do 80% de todos os colectivos consultados aprecian que non hai problemas de convivencia ou que se dan casos puntuais
Preto do 85% das familias declaran que os seus fillos non teñen padecido ningunha conduta contraria á convivencia
Os conflitos máis percibidos polos rapaces e rapazas son interromper na clase, insultar, poñer alcumes ou rirse doutra persoa; e os espazos onde máis se producen son os recreos e nas entradas e saídas do centro
A Consellería aposta polo reforzo da formación do profesorado, a creación de Escolas de Nais e Pais, e a potenciación do sistema de mediación como liñas para seguir avanzando na mellora da convivencia escolar en Galicia
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, presentou hoxe o resultado do cuestionario realizado a profesorado, familias, alumnos e persoal non docente
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, presentou hoxe o resultado do cuestionario realizado a profesorado, familias, alumnos e persoal non docente

O conxunto da comunidade educativa galega considera que nos centros escolares de Galicia existe, en liñas xerais, un bo clima de convivencia; e que os conflitos que se producen son maioritariamente de carácter puntual. Así mesmo, a inmensa maioría das familias declara abertamente estar satisfeito co centro ao que asiste o seu fillo ou filla. Así se desprende dos resultados do cuestionario que a Consellería de Cultura e Educación realizou en novembro para testar o estado da convivencia escolar, e que hoxe foron presentados polo  conselleiro Román Rodríguez ante o Consello Galego da Convivencia.

O titular do departamento educativo explicou que a envergadura desta enquisa -na que participaron case 200.000 persoas entre docentes, familias, alumnado e persoal non docente- permite dispoñer dunha exhaustiva diagnose sobre a situación da convivencia e, desta forma,  afinar na toma de decisións e na implementación de medidas máis axeitadas baseadas en evidencias, tanto no caso dos propios centros como da administración educativa.

O conselleiro destacou que o índice de satisfacción xeral das familias (o 81,1 por cento así o manifesta) é moi elevado; e que máis do 90 por cento do profesorado e do 86 por cento das familias consideran que o seu centro está ben coidado. Así mesmo, a meirande parte do alumnado (80 de cada 100) consideran moi ou bastante importante aspectos como cumprir as normas, obedecer e respectar ao profesorado ou axudar aos compañeiros.

Evolución positiva nos últimos tres anos

Outro dato salientable é a evolución da convivencia nas aulas, xa que máis da metade dos enquisados sinalan que a convivencia mellorou nos últimos tres anos, unha percepción na que coinciden practicamente todos os colectivos entrevistados. De feito a percepción de evolución positiva multiplica por catro á percepción negativa.

Así mesmo, máis do 80 por cento dos colectivos citados aprecia que non hai problemas de convivencia nas aulas ou, en caso de producirse algunha situación conflitiva, son casos de carácter puntual. Tanto docentes como alumnos coinciden en que a vía do diálogo é a máis efectiva para a resolución dos conflitos.

Condutas contrarias á convivencia e espazos onde se producen

No caso das familias, 85 de cada 100 declaran que os seus fillos non teñen padecido ningunha conduta negativa. Os que manifestan que si (un 8,5 por cento), sinalan que a conduta contraria á convivencia percibida como máis habitual son as ameazas e insultos, seguida en segundo lugar de rirse dun compañeiro ou poñer alcumes.

Esta percepción é bastante coincidente co manifestado polos alumnos, xa que o 80% declara abertamente no ter padecido ningunha conduta negativa. Entre as máis habituais sinaladas polos alumnos están interromper na clase, insultar, poñer alcumes ou rirse doutra persoa e chegar tarde a clase. Os recreos ou á entrada e saída do recinto escolar son os espazos máis proclives a este tipo de conflitos, polo que o conselleiro apelou á implicación de todos os colectivos para frear este tipo de comportamentos.

Reforzo da formación, escolas de nais e pais e mediación

Román Rodríguez subliñou que esta diagnose é unha ferramenta de traballo fundamental para avanzar na convivencia e, á vista dos resultados, hai unha serie de aspectos nos que a Administración vai incidir de cara ao futuro.

Un dos máis destacados é o reforzo dos aspectos formativos do profesorado, tanto no conxunto dos centros como con iniciativas concretas adaptadas a cada centro, reforzar o papel da figura do titor dotándoo de máis medios formativos, de ferramentas pedagóxicas e de habilidades sociais; e deseñando orientacións específicas para os espazos máis conflitivos (recreos e entradas e saídas dos centros).

Así mesmo, explicou que hai que fortalecer a participación das familias e lograr unha maior implicación. Para iso, comprometeuse a potenciar as Escolas de Nais e Pais, creando unha estrutura estable en rede para a formación das familias.

Outra das liñas de traballo pasa por potenciar a mediación, un recurso que se entende como moi valioso na prevención e abordaxe de conflitos no ámbito educativo nos que estean implicados profesores e alumnos.

Tema: 
Sección: 

Ampliado o prazo para cubrir o Cuestionario de convivencia 2015

Educonvives.gal
Educonvives.gal
Gallego

 

Para facilitar a participación de todos os sectores da comunidade educativa e atendendo as solicitudes recibidas, o prazo para cubrir o cuestionario de convivencia ampliouse para todos os sectores da comunidade escolar, ata o 8 de decembro ás 23:59 h.

Servizo relacionado: 
Sección: 

Protocolo de Atención educativa domiciliaria

Educonvives.gal
Educonvives.gal
Gallego

Co obxecto de mellorar a atención a Conselleria impulsa, dentro da Estratexia Galega de Convivencia 2015-2020 un protocolo para a atención educativa do alumnado que deba permanecer convalecente no domicilio por lesión, doenza prolongada ou enfermidade crónica sempre a criterio médico. Neste protocolo determínanse os procesos de solicitude, tramitación, elaboración, coordinación e seguimento do programa individualizado, e a participación e apoio das familias. Así mesmo, facilítanse modelos dos principais documentos necesarios.

 

Actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado

Gallego

As actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida, son claves na construción dun clima escolar pacífico, positivo e respectuoso coa diversidade. No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas.

Máis información

A comunidade educativa galega pode acceder desde mañá ao cuestionario on line sobre convivencia nas aulas que impulsa a Consellería de Cultura e Educación

Está dirixido tanto ao alumnado como a docentes, familias e persoal non docente vinculado aos centros educativos, que dispoñen de prazo ata o 30 de novembro para cubrilo
Accédese a el a través dunha aplicación informática e cunhas claves aleatorias que a dirección de cada centro entrega aos seus membros
Hai sete tipos de cuestionarios distintos en función do colectivo aos que vai dirixido, cunhas 20 preguntas sinxelas e directas por documento
A Consellería fai un chamamento á participación, xa que canta máis información se dispoña, máis preciso será o diagnóstico e máis efectivas serán as medidas a implementar
Gallego

O conxunto da comunidade escolar galega –un público potencial de 500.000 persoas entre alumnado, docentes, familias e persoal non docente- poden completar desde mañá o cuestionario on line deseñado pola Consellería de Cultura e Educación co obxectivo de testar o estado da convivencia escolar nos centros da nosa comunidade (de infantil, primaria, secundaria, FP, Bacharelato, escolas de idiomas e conservatorios de música).

O cuestionario cóbrese a través dunha aplicación informática específica en liña, e son os directores dos propios centros os encargados de xerar as claves de acceso para todos os membros da súa comunidade educativa, de xeito totalmente aleatorio, garantindo así o anonimato dos participantes.

Ata fin de mes

Os destinatarios dispoñen de prazo ata o 30 de novembro para cubrila e, para facilitar ao máximo o proceso, poden acceder ao cuestionario -coas claves aleatorias que lle asinen- a través de calquera dispositivo electrónico (ordenadores, móbiles, tabletas,…). No caso do alumnado en escolaridade obrigatoria, os centros organizarán quendas para que as cubran nas súas aulas de informática, como xa fixeran na enquisa piloto.

Trátase dun proceso totalmente privado e anónimo e, co fin de acadar os resultados máis obxectivos posibles, o contido das preguntas coñecerano cada un dos participantes no proceso no mesmo momento en que decide cubrir o cuestionario. Non obstante, trátase de preguntas sinxelas, breves, claras e concisas que se poden contestar facilmente e que están deseñadas en función do colectivo ao que van dirixidas.

Experiencia piloto previa

A modo de exemplo, no caso do alumnado hai preguntas sobre a súa posible condición de vítima ou agresor en condutas contrarias á convivencia, así como sobre situacións que favorecen a resolución pacífica de conflitos tales como o traballo en equipo, o diálogo, etc. Precisamente, co obxecto de perfeccionar ao máximo o proceso e depurar calquera tipo de distorsión, a Consellería levou a cabo una enquisa piloto deste tipo en 34 centros escolares o pasado mes de maio. A información obtida nesa pilotaxe serviu para establecer agora o contido do cuestionario, que se aplica no cen por cen dos centros escolares galegos, preto de 1.400.

Unha vez concluído o proceso, cada centro escolar recibirá os seus resultados debidamente organizados. E, a partir deles, deberá analizar o seu caso particular e elaborar o seu propio Plan de Convivencia. A maiores, a Consellería realizará unha análise global da convivencia escolar en Galicia que sirva para orientar a toma de decisións desde evidencias sólidas.

Chamamento á participación

Hai que subliñar a importancia de participar neste cuestionario xa que, canta máis información se dispoña, máis axeitado será o diagnóstico que se realice a partir dos datos obtidos e máis efectivas serán medidas a implementar nos centros de cara á mellora do clima escolar e a resolución pacífica dos conflitos. É dicir, a Consellería parte da máxima de que a mellor maneira para poder avanzar na convivencia nas aulas é coñecer a situación da que partimos e, para iso, fai un chamamento á participación de todos os colectivos aos que vai destinado o cuestionario.

O cuestionario sobre convivencia escolar que hoxe se pon en marcha enmárcase dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 “educonvives.gal”, para afondar en medidas a prol dunha escola inclusiva e da mellora no clima nas aulas da nosa comunidade.

Tema: 
Sección: 

O Consello para a Convivencia Escolar de Galicia aproba a estratexia “educonvives.gal” e dota a toda a comunidade educativa dunha guía básica de urxencias

Gallego
Román Rodríguez presidiu hoxe a segunda sesión plenaria deste órgano, no que tamén se presentaron orientacións para dotar aos centros dunhas ferramentas que axilicen o proceso en caso de conflito, favorecendo os procedementos conciliados
Este foro, de carácter consultivo, abordou tamén a necesidade de redactar un documento de actuación referido á protección de datos persoais e identidade dixital
O Consello para a Convivencia Escolar de Galicia aproba a estratexia “educonvives.gal” e dota a toda a comunidade educativa dunha guía básica de urxencias
O Consello para a Convivencia Escolar de Galicia aproba a estratexia “educonvives.gal” e dota a toda a comunidade educativa dunha guía básica de urxencias

Baixo a presidencia do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia aprobou hoxe o primeiro documento que se someteu á súa consideración, a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 “educonvives.gal”, cuxo obxectivo é fornecer o profesorado, nais, pais e equipos directivos -fundamentalmente- dunha serie de recursos que lles permitan afondar na mellora da convivencia escolar, desde unha óptica integral e inclusiva. Nesta liña, búscase facilitar orientacións para actuar con rapidez e eficacia diante de eventuais situacións problemáticas para a convivencia, así como a súa prevención a través de formación en materia de saúde, identidade dixital, etc. A estratexia contou co voto favorable de todos os membros do Consello, agás do do representante da Confederación Intersindical Galega (CIG).

Neste contexto, un dos cinco eixes que configuran esta folla de ruta en materia de convivencia recolle a posta en marcha dun Protocolo para a Actuación en Urxencias sanitarias e Atención educativa ao alumnado con Enfermidades crónicas, avanzado na anterior sesión e co visto e prace agora nesta para poder remitirllo canto antes a todos os centros e, deste xeito, poñelo a disposición de toda a comunidade educativa.

Un documento de axuda e orientación

Trátase dunha guía, elaborada por e para docentes coa aprobación das autoridades sanitarias, que busca mellorar a resposta ante situacións de emerxencia ou accidentes que poidan xurdir, facilitando orientación sobre as diferentes casuísticas, e sempre da man dos servizos de urxencias. É, por tanto, un documento pensado para toda a comunidade educativa, que axudará a aprender e actuar con nocións básicas para unha primeira intervención, realizando deste xeito un exercicio de cidadanía responsable.

Ademais, o protocolo tamén inclúe procedementos para atender as eventualidades en caso de alumnado con condicións crónicas. Neste ámbito, redactaranse addendas específicas para cada unha delas; a primeira delas, referida á diabete, expúxose hoxe na reunión.

Entre as recomendacións recollidas neste protocolo –no que tamén, entre outras cuestións, se inclúe o listado de produtos que debe conter unha caixa de primeiros auxilios e que todo centro educativo debe ter.

Respecto á intimidade dos demais

Dentro deste terceiro eixe da estratexia, e a maiores do xa existente Protocolo de acoso escolar e ciberacoso –unha ferramenta na que a Xunta de Galicia foi pioneira á hora de poñela en marcha–, tamén se inclúe a elaboración dun protocolo sobre a protección de datos persoais e a identidade dixital no uso, por exemplo, das redes sociais.

De feito, este órgano consultivo abordou a necesidade de comezar coa redacción deste documento de actuación, co fin de protexer non só a intimidade e o honor propio do menor, senón tamén facer que este último respecte a dos demais compañeiros.

Aposta pola conciliación nos conflitos

Por outro lado, os membros do Consello tamén analizaron as orientacións de conciliación e medidas correctoras, cuxa finalidade é dotar aos centros dunhas ferramentas para axilizar e facilitar o procedemento en caso de conflitos. Contemplada no eixe cinco da Estratexia, o profesorado contará cunha guía que facilitará tanto a xestión de expedientes e medidas correctoras a través do procedemento común ou do procedemento conciliado, favorecendo así a normalización, a axilidade e a fluidez neste tipo de situacións.

En todo caso, pártese coa idea de potenciar a vía da conciliación, pormenorizando as fases e as actuacións a seguir. Mediante este procedemento, no que as partes deberán estar de acordo, chegarase a un consenso sobre as medidas correctoras a adoptar, logo de analizar as circunstancias do conflito.

Ademais, terase en conta a petición de desculpas por parte da alumna ou do alumno, fomentando a abordaxe construtiva das situacións de conflito, como unha oportunidade máis para aprender e medrar como persoas e comunidade.

Así as cousas, este procedemento conciliado pretende favorecer a implicación e o compromiso do alumno ou alumna corrixido/a e da súa familia, ofrecer a posibilidade de que a persoa agraviada se sinta valorada, axudar a consensuar as medidas correctoras e facilitar a inmediatez da corrección educativa.

O Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia, que celebrou hoxe a súa segunda sesión plenaria, é un órgano de carácter consultivo creado ao abeiro do decreto polo que se desenvolve a Lei de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar; e que ten por obxectivo asesorar e apoiar a toda a comunidade escolar para mellorar o clima nas aulas.

Tema: 
Sección: 

Plan de convivencia e Normas de Organización e Funcionamento (NOF) e Normas de Convivencia

Gallego

Os artigos 120 e 124 da Lei orgánica 2/2006, na redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, establecen a autonomía dos centros na elaboración das súas normas de convivencia e das de organi­zación e funcionamento.

Concretamente no título do artigo 124 da citada Lei orgánica, aparece a denominación “Normas de organización, funcionamento e convivencia”, aínda que no desenvolvemento do citado artigo se aluden de xeito diferenciado as normas de organización e funcionamento e as normas de convivencia, de aí o título diferenciado nos artigos 18 e 19 do Decreto 8/2015.

Entre os documentos máis importantes do centro en materia de convivencia escolar (elaborados en base á normativa legal pero considerando a citada autonomía dos centros educativos) destacan dous:

  • As Normas de Organización e Funcionamento (NOF), como documento institucional independente nos centros educativos (no artigo 124 da LOE-LOMCE aparece reflectido como Normas de organización, funcionamento e convivencia)
  • O Plan de convivencia, que incorpora as actuacións, programas e medidas para a mellora da convivencia no centros docentes

Cabe facer aquí alusión tamén ás Normas de Convivencia, que non son un documento independente senón que se incorporan aos dous documentos anteriores.

Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia

Gallego

O Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia créase como órgano de carácter consultivo e de apoio a toda a comunidade educativa no que se refire a convivencia escolar, está regulado no artigo 10 do Decreto 8/2015.

Estará adscrito á Consellería con competencias en materia de educación e contará co apoio dos servizos técnicos da administración educativa, para fomentar a participación dos membros da comunidade educativa na mellora da convivencia.

 

Logo convivencia

Páginas