O Proxecto Abalar

Co Proxecto Abalar procúrase a integración plena das TIC na práctica educativa.
Dom, 14/10/2012 - 13:53
NOTICIA ABALAR
PROXECTO ABALAR
espazo centros
espazo familias
espazo profesores
abalar repositorio

Co Proxecto Abalar procúrase a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI, coordinando e impulsando un cambio de modelo educativo apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.

 

O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia con dous obxectivos:

  • Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.

  • Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.

O espazoAbalar estase a desenvolver dun xeito continuado no tempo coa inclusión de novos servizos para toda a comunidade educativa. Actualmente dispón dun espazo adicado ás familias (espazoFamilias), o que permite aos pais e nais integrarse en maior medida na vida académica dos seus fillos/as, un espazo para os profesores (espazoProfesores) e outro para os centros educativos (espazoCentros). Tamén está a disposición de toda a comunidade educativa un repositorio de contidos educativos dixitais.

O servizo espazo Centros é un dos servizos do portal espazoAbalar que permite aos centros educativos dispor dun taboleiro virtual coa finalidade de manter informada a toda a comunidade educativa.

Actualmente, o acceso ao servizo espazo Centros, está dispoñible para todos os directores/as dos centros públicos e concertados de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI.

Adicionalmente, estes directores/as terán a posibilidade de dar permisos de acceso a aquelas persoas do centro que consideren apropiado.

O servizo espazo Profesores está dispoñible para todos os profesores/as, pero tan só os titores/as e/ou profesores/as de grupos terán acceso a todas as funcionalidades que ofrece este servizo.

Os profesores/as que non sexan titores/as dun dos centros mencionados anteriormente, poderán acceder á aplicación de datos persoais e ligazóns. Ademáis, a funcionalidade de recibir solicitude de citas de titoría, só estrá dispoñiible para o caso dos titores de grupos de estos centros.

O servizo espazo Familias permite acceder ao seguimento académico en liña e establece unha nova canle de comunicación entre os pais, nais e responsables legais e os titores/as dos seus fillos/as.

Este servizo está dispoñible para todos os centros educativos galegos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI.

Máis información do espazoAbalar

O Repositorio de Contidos Educativos Dixitais está dispoñible para toda a comunidade educativa galega: docentes, alumnos/as, familias e todos aqueles usuarios interesados, e non é preciso realizar ningún tipo de autenticación.

As persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.

Máis información do repositorio Abalar