Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes correspondentes ás solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013

Ven, 07/06/2013 - 14:10

Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes. Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Ábrese un prazo de 10 días naturais (do 8 de xuño ata o 17 de xuño, ambos incluídos) para que os/as solicitantes, que así o desexen, formulen reclamacións, que deberán ser remitidas, preferentemente por correo (presentando o sobre aberto, para que a reclamación sexa datada e selada por Correos), á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, empregando o modelo de instancia seguinte e xuntando, de selo caso, a documentación xustificativa que corresponda.