Cursos INTEF sobre o currículo LOMLOE

Convocatoria de catro novos cursos titorizados en liña
Ven, 19/01/2024 - 13:07
Cursos INTEF
Cursos INTEF

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, a través do INTEF, convoca 4.262 plazas, en dúas edicións, para a realización de catro novos cursos sobre o currículo LOMLOE (publicación en BOE).

Prazo de inscripción: do 10 ao 29 de xaneiro (ambos inclusive).

Data de inicio dos cursos da primeira edición: a partir do 5 de marzo de 2024.

Data de inicio dos cursos da segunda edición: a partir do 16 de abril de 2024.

Cursos convocados: 

Son cursos titorizados en liña que aportan orientacións sobre a concreción e aplicación das enisnanzas mínimas dos novos currículos derivados da LOMLOE. Cada curso certifica 35 horas de formación. Están orientados aos perfís docentes que imparten ou poden impartir estas ensinanzas ou que realizan nelas funcións de supervisión e apoio. Contan coa atención personalizada e o apoio experto dun equipo de titoría.  

A información necesaria para a inscrición pódese consultar na páxina da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.