Ampliado o prazo de inscrición nos cursos de Formación para a Acreditación da Competencia Dixital Docente con vacantes

Amplíase a data de inscrición dos cursos na Rede de Formacion para a Acreditación da CDD dos niveis A1, A2 e B1.
Lun, 18/09/2023 - 15:47
Cursos de formación para a acreditación da Competencia Dixital Docente nos niveis A1,A2 e B1
Formación CDD

Amplíase a data de inscrición dos cursos na Rede de Formacion para a Acreditación da CDD dos niveis A1, A2 e B1 que se están a ofertar en FProfe para este trimestre debido a que todos eles dispoñen de prazas vacantes. A data límite de inscrición para estas actividades adiouse ata o 24 de setembro. En concreto os cursos son:

  • G2301049 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 3 e 4 do nivel A2 - 15 horas
  • G2301052 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel A2 - 20 horas
  • G2301053 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel B1 - 25 horas 
  • G2301057 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel A1 - 40 horas
  • G2301059 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel A2 - 50 horas
  • G2301061 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel B1 - 70 horas

A inscrición realízase a través da aplicación Fprofe no enderezo www.edu.xunta.gal/fprofe na pestana de consulta/inscrición.