Título node Learning object

Curso en liña para docentes de alumnado con cancro
Ven, 03/02/2023 - 14:16
Imaxe

A Federación Española de Pais de Nenos con Cancro (FEPNC) presenta a terceira edición oficial do curso "Formación específica para docentes de alumnado con cancro". Trátase dun curso online, gratuíto e con prazas limitadas, organizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Educación) e acreditado pola mesma.

A formación será impartida por un grupo profesorado integrado por profesionais da educación da Federación de expertos en cancro infantil e da Universidade de Santiago de Compostela. 

Este curso de formación específica está dirixido exclusivamente a docentes en activo de aulas hospitalarias, atención escolar domiciliaria e centros educativos que actualmente teñan alumnado con cancro. Preténdese proporcionar formación e recursos que favorezan o entendemento da enfermidade e as súas necesidades educativas, axudando aos docentes no día a día do alumnado enfermo.

  • Formación acreditata pola Universidade de Santiago de Compostela con 3 créditos (30 horas).
  • Duración de 3 meses desde o inicio do curso (marzo). Finalización en maio.
  • 45 prazas asignadas por orde de inscrición e segundo criterios establecidos polo comité de expertos.
  • Tramitación: todos/as os interesados deben comunicarse coa FEPNC a través do correo electrónico: educacion.formacion@cancerinfantil.org, ANTES DO 15 DE FEBREIRO, indicando: nome e apelidos, teléfono, DNI, email, centro educativo, provincia e perfil profesional.