Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Curso en liña para docentes de alumnado con cancro

Curso en liña para docentes de alumnado con cancro [1]

Enviado por boletin a Ven, 03/02/2023 - 14:16

A Federación Española de Pais de Nenos con Cancro (FEPNC) presenta a terceira edición oficial do curso "Formación específica para docentes de alumnado con cancro". Trátase dun curso online, gratuíto e con prazas limitadas, organizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Educación) e acreditado pola mesma.

A formación será impartida por un grupo profesorado integrado por profesionais da educación da Federación de expertos en cancro infantil e da Universidade de Santiago de Compostela. 

Este curso de formación específica está dirixido exclusivamente a docentes en activo de aulas hospitalarias, atención escolar domiciliaria e centros educativos que actualmente teñan alumnado con cancro. Preténdese proporcionar formación e recursos que favorezan o entendemento da enfermidade e as súas necesidades educativas, axudando aos docentes no día a día do alumnado enfermo.

  • Formación acreditata pola Universidade de Santiago de Compostela con 3 créditos (30 horas).
  • Duración de 3 meses desde o inicio do curso (marzo). Finalización en maio.
  • 45 prazas asignadas por orde de inscrición e segundo criterios establecidos polo comité de expertos.
  • Tramitación: todos/as os interesados deben comunicarse coa FEPNC a través do correo electrónico: educacion.formacion@cancerinfantil.org [2], ANTES DO 15 DE FEBREIRO, indicando: nome e apelidos, teléfono, DNI, email, centro educativo, provincia e perfil profesional.
Gallego
Imaxe [3]

File: 

PDF icon Presentación do curso [4]

Tema: 

Información xeral [5]
Formación [6]
Cursos [7]

Sección: 

Boletín [8]
Portada de boletín [9]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39080

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39080
[2] mailto:formacion.educacion@cancerinfantil.org
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2023/02/23/de21340cc9ef34e06bec243f69a12e19.jpg
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2023/02/03/f3a9b8371fb1bb1d846fc7d5d3e09ae1.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/153
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/223
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/623