VI Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo "Día Internacional Da Muller "

Mér, 25/01/2023 - 14:10
i

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. O obxecto do curso é fomentar a promoción da igualdade dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

O contido do cartel deberá difundir e transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, promovendo a igualdade entre mulleres e homes.

Participantes: Poderán participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universiario: educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Categorías

  1º Categoría.- Alumnado de infantil. 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  2º Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educacion primaria, 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación especial.

  3º Categoría .- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) , 1º e 2º de bacharelato, FP básica, ciclos de grao medio e ciclos de grao superior.

Presentación  das solicitudes: Os centros que desexen participar neste concurso poderán facelo dende o día seguinte ao de publicación das bases nas páxinas web da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa e na páxina Web da Secretaría Xeral de Igualdade. Ata o día 17 de febreiro de 2023, ás 15:00 horas.