Publicación da convocatoria de Plan Proxecta+

Mar, 07/06/2022 - 18:56
proxecta+

Un ano máis publicamos a convocatoria para a participación no programa Plan Proxecta+ para todos os centros docentes non unviersitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería.

Aos 42 programas ofertados na convocatoria anterior súmanse 2 novos programas dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Mestres gandeiros e Rede Eco Hortas Escolares) e un en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación e o Consello Superior de Investigacións Científicas: AntarticLab CSIC.

O prazo de solicitude estará aberto dende o 8 de xuño ata o 26 de setembro de 2022.

Para máis información podedes consultar a páxina web de Plan Proxecta+: http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta