Título node Learning object

Concurso "Contádenos o voso Día das Letras"
Ven, 18/06/2021 - 14:28
Concurso "Contádenos o voso Día das Letras"

A Real Academia Galega mantén aberto ata o vindeiro 4 de xullo o prazo para participar no concurso Contádenos o voso Día das Letras, convocado ao abeiro do proxecto Primavera das Letras. A convocatoria está dirixida a todos os centros escolares que impartan educación infantil e primaria, e ao alumnado con necesidades especiais de apoio educativo.

Os participantes deberán compartir os seus traballos relacionados con Xela Arias, a escritora, editora e tradutora á que a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas 2021. Cada centro poderá presentar o proxecto ou os proxectos que desexe, tanto con aqueles que poidan implicar o conxunto da comunidade escolar coma con outros de aula, curso, etapa etc. A  RAG sorteará varios lotes de libros entre os centros concursantes, que recibirán un diploma de participación.

As bases do concurso con todos os detalles están dispoñibles NESTA LIGAZÓN.