G2002055 - Trinity College GESE grao 10. Nivel C1
C 1 – Prepara o teu exame de inglés
Sáb, 01/05/2021 - 10:06
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado galego, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de cada participante nesta lingua, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity London College.
Trinity College. GESE grao 10. Nivel C1
- Código en fprofe: G2002055
- Ligazón a fprofe.
- Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 25-30 minutos que se desenvolverá entre o 03/05/2021 e o 07/05/2021. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, de 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de media hora.
- Lugar de celebración: EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela.
- Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en inglés.
- Número de prazas: 100