Título node Learning object

Celebración do IX Día Internacional das Rapazas nas TIC 2021
Xov, 18/03/2021 - 09:35
Día internacional das rapazas nas TIC

O Centro de Supercomputación de Galicia, coa a iniciativa "Rapazas Emprendedoras nas TIC" do Plan Proxecta e no proxecto europeo ICT-Go-Girls! (www.ictgogirls.eu) e colaborando coa Secretaría Xeral de Igualdade, organiza unha charla-coloquio no CESGA sobre as oportunidades para as rapazas no eido das novas tecnoloxías, coa participación en directo de 3 xoves mulleres emprendedoras que traballan neste eido, con motivo da celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC, auspiciado pola ITU (International Telecommunication Union. https://www.itu.int/en/ITU-D/Digital-Inclusion/Women-and-Girls/Girls-in-ICT-Portal/Pages/GirlsInICTDay/2021/GICT-2021.aspx) . Este evento está dirixido especialmente a todos os centros escolares de Galicia, principalmente último ciclo de primaria e educación secundaria, que poden participar mediante videoconferencia en vivo ao evento, facer preguntas e intervencións dirixidas ás participantes no CESGA.
Contaremos neste evento coa participación presencial de catro xoves profesionais e investigadoras galegas, de diferentes perfís, que traballan no ámbito das tecnoloxías, quenes explicarán de xeito cercano como comezaron neste eido, como é o seu traballo, as súas posibilidades, etc. e respostarán a aquelas dúbidas, inquedanzas e comentarios que lles envíen as/os rapaces/as por videoconferencia sobre o seu traballo, estudos, etc. As participantes na mesa serán:

- Beatriz Paz Santalla. Enxeñeira de telecomunicacións pola Universidade de Vigo, Máster en seguridade da información e Administración de Empresas. Co-fundadora da empresa GDI, empresa galega pioneira en ofrecer solucións de videoconferencia, telepresencia e movilidade.
- Ana Freire é enxeñeira e doutora en informática pola UDC. Actualmente é investigadora e docente na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona), onde traballa aplicando a Intelixencia Artificial a diversas necesidades sociais como a saúde mental.
É directora do Centro de Estudos de Sostibilidade da mesma universidade e lidera Wisibilízalas, un concurso internacional para romper estereotipos de xénero asociados a estudos científico-tecnolóxicos. Recibiu numerosos recoñecementos polo impacto social da súa investigación, entre os que destaca o Premio ao Talento Xove Feminino Investigador, outorgado pola Fundación Real Academia das Ciencias e o premio Ada Byron, outorgado pola Universidad de Deusto.
- Úrsula Martínez Álvarez. Graduada en Enxeñaría Aeroespacial, finalizando o máster en Enxeñaría Areonáutica, especializada en vehículos espaciais. O seu traballo céntrase en proxectos sobre deseño, fabricación e ensayo de sistemas y experimentos no espazo. Dende fai 11 anos forma parte do proxecto de educación ambiental Climántica.
- Verónica Bolón Canedo. Doutora en Informática da UDC. Investigadora centrada en Intelixencia Artificial, especialmente en Aprendizaxe Automática para Big Data. Responsable do nodo INSPIRA STEAM en A Coruña. 

O evento conta coa colaboración do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia), Universidade de Santiago de Compostela (Fac. Ciencias da Educación, Woman Emprende, OIX), Universidade da Coruña (Facultade de Informática), Universidade de Vigo (Fac. Enseñaría de Telecomunicación), Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, sección Galicia (AMIT-Gal), Asociación .GAL, GalsTech e Hello Sisters!, así como representación institucional da Xunta de Galicia, -Secretaría Xeral de Igualdade (Susana López Abella, Secretaria Xeral), Consellería de Educación e AMTEGA.

Aqueles centros interesados en participar, deberán encher o formulario da páxina web: www.ictgogirls.eu canto antes para poder enviarlles as instruccións de acceso e organizar a participación ese día.