Encontros con autores: Santiago Gamboa
Encontros con autores.
Informámosvos que o mércores, 5 de febreiro ás 18:30 h. no Salón de actos da Uned de A Coruña, terá lugar unha nova sesión de "A creación literaria e os seus autores: Encontros con escritores". Ese día contaremos coa presencia do escritor colombiano Santiago Gamboa. Aprovitaremos a presencia do autor para repasar a súa traxectoria vital e literaria e comentar o seu libro máis recente, Será larga la noche (Alfaguara, 2019)
Organiza estos encontros o CENTRO DE FORMACIÓN E RECURSOS DE A CORUÑA baixo a coordinación de Javier Pintor. Intervén como interlocutor na mesa de debate, Xavier Seoane, recoñecido autor galego. Estos encontros concíbense da maneira máis ceibe e aberta posible xa que o que se pretende é manter uns diálogos literarios e culturales con algúns dos autores máis relevantes do momento presente. Aproveitaremos a cercanía dos autores para establecer vías de diálogo e pontes de debate, tanto sobre as súas obras como sobre aspectos culturais da actualidade máis inmediata.
A sesión poderá seguirse por videoconferencia dende a seguinte ligazón: http://www.intecca.uned.es/