Título Event node R
S1901167 - Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía
Martes, 14 Xaneiro, 2020 - 12:43
O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.
Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.
- Título: Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía
- Código en fprofe: S1901167
- Relator: Pablo García Ferradas