Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)
Os Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC), están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.
Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel no mes de setembro no CAFI ou CFR correspondente, para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.
Os cursos CALC que se desenvolven na área do CAFI son os seguintes:
- Zona de Ribeira
- S1901083 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1
(mércores e xoves de 16:00 a 18:00h)
- Zona de Santiago de Compostela
- S1901079 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel B2
(luns e xoves de 18:00 a 20:00h)
- S1901080 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1
(mércores e venres de 16:30 a 18:30h)
- S1901081 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1
(martes de 18:40 a 20:40 e xoves de 18:30 a 20:30h)