Publicación das listaxes de instancias coa baremación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación para o ano 2019

Mar, 26/02/2019 - 12:40

Para consultar a baremación o persoal docente do corpo de mestres que participen no concurso específico elixirá no menú a opción Listaxes concurso > Listaxes de intancias.

Na disposición décimo quinta da Orde do 22 de outubro (DOG núm. 237, do 13 de decembro de 2018) establecese que o persoal concursante poderá formular reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.

  • O prazo será desde o 27 de febreiro ata o 15 de marzo.

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a solicitude validada. No caso de formular unha reclamación deberá premer na ligazón “Reclamar baremo” da columna “Prazo reclamación baremo provisional” e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta xanela poderá reclamar en cada un dos apartados que considere necesario.

3º Cando remate de redactar a reclamación hai que premer no botón “gardar” e a continuación no botón “volver”.

4º Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe que deberá presentar por correo electrónico.

Máis información:

Para calquera información ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co Servizo de profesorado de Educación Infantil e Primaria:
Teléfonos: 981 545495 – 981 544487
Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es