Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Publicación das listaxes de instancias coa baremación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación para o ano 2019

Publicación das listaxes de instancias coa baremación provisional do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación para o ano 2019 [1]

Enviado por administrador a Mar, 26/02/2019 - 12:40
Gallego

Para consultar a baremación o persoal docente do corpo de mestres que participen no concurso específico elixirá no menú a opción Listaxes concurso > Listaxes de intancias.

Na disposición décimo quinta da Orde do 22 de outubro (DOG núm. 237, do 13 de decembro de 2018) establecese que o persoal concursante poderá formular reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.

  • O prazo será desde o 27 de febreiro ata o 15 de marzo.

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a solicitude validada. No caso de formular unha reclamación deberá premer na ligazón “Reclamar baremo” da columna “Prazo reclamación baremo provisional” e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta xanela poderá reclamar en cada un dos apartados que considere necesario.

3º Cando remate de redactar a reclamación hai que premer no botón “gardar” e a continuación no botón “volver”.

4º Na ligazón PDF Reclamacións da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe que deberá presentar por correo electrónico.

Máis información:

Para calquera información ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co Servizo de profesorado de Educación Infantil e Primaria:
Teléfonos: 981 545495 – 981 544487
Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es [2]

Información relacionada

Anuncio principal: 

Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación especial para o ano 2019 [3]

Servizo relacionado: 

CXT [4]
Programas e plans [5]
Concurso de traslados [6]
Educación infantil [7]
Educación primaria [8]
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria [9]
Profesorado [10]
Boletín [11]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27114

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27114
[2] mailto:persoal.primaria@edu.xunta.es
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/26644
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1771
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/195
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/50
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613