Convocados os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

Mér, 05/12/2018 - 14:00
Convocados os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019

​A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocan as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos!  para o curso académico 2018/2019.

Premios:

Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.

  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.

  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

  • O novo prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de xaneiro de 2019 (incluído).