Convocados os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019 [1]
Enviado por administrador a Mér, 05/12/2018 - 14:00A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocan as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019.
Premios:
Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:
-
Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.
-
Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.
-
Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.
O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.
- O novo prazo de presentación de solicitudes rematará o 18 de xaneiro de 2019 (incluído).
File:

