Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017/18

Convocatoria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017/18
Mar, 19/06/2018 - 11:04
Premios PFPP 2017/18
Premios PFPP 2017/18

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017/18 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso escolar 2017/18.

O obxectivo desta convocatoria é valorar a participación de grupos de docentes en proxectos de formación en centros que afecten cualitativamente ao ámbito organizativo e/ou de xestión dos centros, á contorna familiar e institucional ou á elaboración e uso de recursos multimedia interactivos, que promovan novas formas de pensar, novas formas de traballar e novas ferramentas de traballo.

Preténdese dar recoñecemento ás boas prácticas na formación permanente do profesorado e fomentar que os centros docentes desenvolvan, a través destes plans, aqueles aspectos que permitan a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Establécense dúas categorías de premio:

1. Categoría A: mellor proxecto de formación de cada CFR/CAFI. Concederanse un total de 7 premios, un por cada CFR/CAFI.

2. Mención especial: Mellor proxecto de formación entre os premiados na categoría A.

O prazo para presentarse remata o 10 de xullo de 2018.

Para máis información, clica aquí.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI