Convocatoria dos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017

Ven, 15/06/2018 - 12:24

Achégase a Resolución do 13 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educción, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso escolar 2017/18.

  • O prazo de presentación de candidaturas comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo e remata o día 10 de xullo de 2018.