Título node Learning object

XXXV Olimpíada Galega de Química 2018
Ven, 12/01/2018 - 11:02
XXXV Olimpíada Galega de Química 2018

A Asociación de Químicos de Galicia-ANQUE, coa colaboración do Colexio Oficial de Químicos de Galicia organiza, o 23 de marzo de 2018, nas sedes da Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo a edición XXXV desta Olimpíada. O  evento vai dirixido ao alumnado de calquera centro público ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia matriculado, durante o curso 2017/18, no Bacharelato e que non teña cumpridos dezanove anos o 1 de outubro de 2018. Con carácter excepcional, tamén poderán tomar parte alumnos/as do 2º ciclo da ESO de excelentes capacidades.

As probas, cuxo contido versará sobre aqueles aspectos da Química que estean recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, conterán tanto cuestións tipo test como problemas e interpretación dun suposto práctico de laboratorio.

O prazo para as solicitudes de participación é ata o 13 de marzo de 2018, indicando expresamente en que cidade quere realizar as probas.

A  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia reconocerá estas fases (local e nacional) como actividades de innovación educativa cunha certificación ao profesorado participante equivalente a 15 horas de formación en caso de fase autonómica e 25 horas na fase nacional.