Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2017/2018

Ven, 10/11/2017 - 15:00
Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2017/2018

Publícase a listaxe provisional dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2017/18.

Tal e como se establece no artigo 10.2 da Resolución do 15 de setembro de 2017 que regula o Plan Proxecta ábrese un prazo de 10 días naturais (ata o 20 de novembro de 2017, inclusive) para efectuar reclamacións e/ou renuncias a esta listaxe provisional que deberán presentarse no enderezo electrónico planproxecta@edu.xunta.es.

Achégase un modelo orientativo de reclamacións ou renuncias.