Publicación da listaxe de empresas autorizadas para o programa escolar de consumo de froitas e lácteos
Mar, 29/08/2017 - 14:15
Logo FOGGA

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través do FEGA, acaba de publicar a listaxe cos nomes das empresas autorizadas para participar nos programas de distribución de froitas, hortalizas e lácteos (no caso de Galicia, froitas e lácteos). Na listaxe figuran os produtos que cada empresa está autorizada para distribuír.

Unha vez coñecida esta listaxe, os centros poden xa contactar coas empresas que lles interesen para acordar con eles as condicións da repartición da froita e do leite. Na listaxe figura o número de teléfono de contacto e mais o enderezo electrónico (cómpre poñer o curso enriba para velo completo).

Pódese consultar a listaxe de empresas autorizadas para Galicia nesta ligazón (a través dun PDF) ou nestoutra (a través dun Excel).

Para consultar a información relativa á convocatoria, pódese consultar a seguinte ligazón ou na Resolución do 13 de xuño de 2017 (DOG do 22 de xuño de 2017), pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2017-2018, e a convocatoria da declaración de participación para o curso escolar 2018-2019.

Os centros educativos deben cubrir os anexos IIIA e IIIC e enviarllos á empresa que seleccione, que será quen tramite a solicitude.

 

Para obter máis información pódense consultar as dúbidas nos teléfonos de contacto do Plan Proxecta ou do FOGGA.

 

Plan Proxecta

Nomes: Mónica Martínez Baleirón e Julia Taboada Martínez
Departamento: Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa
Teléfono: 881 997 598 e 881 997 494
Correo electrónico: planproxecta@edu.xunta.es

 

FOGGA - programa Aliméntate ben. Modalidades C (Froita na escola) e D (Lácteos na escola)

Nomes: Mª Luz Acción Porto e Ana Hernández Escobar
Departamento: Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas (Fondo Galego de Garantía Agraria - FOGGA)
Teléfono: 981 540 079 e 981 540 071
Correo electrónico: maria.luz.accion.porto@xunta.gal, ana.hernandez.escobar@xunta.gal