Título node Learning object

Premio escolar Paz e Cooperación 2017
Ven, 04/11/2016 - 11:16
Cartel do concurso

Cada ano, do 4 ao 10 de outubro, celébrase a escala internacional “A Semana Mundial do Espazo” . Por este motivo, a Fundación Paz e Cooperación en colaboración con UNOOSA, a oficiña de Asuntos do Espazo de Nacións Unidas, convocan este premio co obxectivo de concienciar e sensibilizar ás novas xeracións sobre temas sociais de carácter mundial.

Categorías:

  • Debuxo libre (ata os 6 anos)
  • Cartel e lema (de 7 a 12 anos)
  • Mural ou traballo colectivo (de 12 a 15 anos)
  • Composición libre (de 16 a 18 anos)

Prazo de entrega: antes do 4 de xullo de 2017.

A información máis completa das bases de participación deste concurso, na ligazón aportada.