Premio escolar Paz e Cooperación 2017 [1]
Enviado por boletin a Ven, 04/11/2016 - 11:16Cada ano, do 4 ao 10 de outubro, celébrase a escala internacional “A Semana Mundial do Espazo” . Por este motivo, a Fundación Paz e Cooperación en colaboración con UNOOSA, a oficiña de Asuntos do Espazo de Nacións Unidas, convocan este premio co obxectivo de concienciar e sensibilizar ás novas xeracións sobre temas sociais de carácter mundial.
Categorías:
- Debuxo libre (ata os 6 anos)
- Cartel e lema (de 7 a 12 anos)
- Mural ou traballo colectivo (de 12 a 15 anos)
- Composición libre (de 16 a 18 anos)
Prazo de entrega: antes do 4 de xullo de 2017.
A información máis completa das bases de participación deste concurso, na ligazón aportada.
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: