G1601073 Ensinar o Holocausto

Actividade que se desenvolverá na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA)
Lun, 12/09/2016 - 13:15
G1601073 Ensinar o Holocausto
G1601073 Ensinar o Holocausto

G1601073 Ensinar o Holocausto

Inscrición aberta en Fprofe ata o 19 de setembro de 2016

Horas: 30 (non presenciais, na Rede)

Temporalización: 1º trimestre (comezo en outubro de 2016)

Prazas: 50

Obxectivos:

1. Potenciar a transmisión do Holocausto no ensino a través da conmemoración do "Día da Memoria do Holocausto".

2. Estudar o Holocausto xudeu como feito histórico e contribuír á prevención de calquera forma de violencia, racismo ou xenofobia.

3. Ofrecer ao profesorado participante formación na historia do Holocausto así como recursos para o proceso de ensino-aprendizaxe.

Contidos:

1. Introdución e conceptos fundamentais na historia do Holocausto.

2. O Holocausto desde unha perspectiva interdisciplinar.

3. Como ensinar o Holocausto. Pautas e recomendacións.

4. Exemplos prácticos que poñen de manifesto a conmemoración do Día da Memoria do Holocausto como oportunidade didáctica.

Inscrición: www.edu.xunta.gal/fprofe

Créditos da imaxe: Auschwitz-Birkenau, Jacek Abramowicz, CC0