G1502011 "Terceiras Xornadas galegas de linguas estranxeiras"

O 23 de abril desenvolveranse as "G1502011 - Terceiras xornadas galegas de linguas estranxeiras" no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Ven, 15/04/2016 - 11:10
Terceiras Xornadas galegas de linguas estranxeiras
Terceiras Xornadas galegas de linguas estranxeiras

O Departamento de Linguas do CAFI en colaboración coa rede de formación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as "Terceiras Xornadas galegas de linguas estranxeiras" dirixidas a o  profesorado de  francés, inglés e portugués da Comunidade de Galicia.

As xornadas desenvólvense periodicamente desde o curso 2010-2011 cun dobre obxectivo, a actualización do profesorado e a achega de recursos e actividades de aplicación práctica na aula. Con este fin, o programa vai dirixido a todo o profesorado que imparta docencia en lingua estranxeira  (fundamentalmente inglés, francés e portugués) e aos profesores que desenvolven o seu labor en centros bilingües e plurilingües baixo a metodoloxía AICLE/CLIL, baseada no ensino de contidos nunha segunda lingua.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI