Relación provisional dos centros seleccionados en reserva e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa dirixidas a alumnado de ESO

Mar, 20/10/2015 - 16:33

Xúntanse a relación provisional dos centros seleccionados, os centros en reserva e os centros excluídos de Educación Secundaria Obrigatoria para participar no programa de Inmersión Lingüística en Inglés  ao abeiro da Resolución do 15 de maio de 2015 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
 
O prazo de reclamación é de cinco días naturais a partir do día seguinte desta publicación.
O lugar de celebración das actividades será nos Peares (Ourense).

 
NOTA: Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: asesoria.linguasestranxeiras@edu.xunta.es ou por fax ao número 981.54.65.50. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío ou correo postal.