Resolución da convocatoria para incentivar o funcionamento de Clubs de lectura en centros públicos durante o curso 2013/2014

Ven, 20/12/2013 - 12:42

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolve a convocatoria de 2 de setembro de 2013 pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que acollan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2013/2014. Esta iniciativa encádrase no programa Hora de ler para o fomento da lectura nos centros de ensino, incluído no PLAN LÍA.